Fondos
7. Expedientes xerais da biblioteca
-
15.530/5. Expediente no que o presidente da Audiencia pide a creación dunha Biblioteca
-
15.530/7. Escrito do encargado da Biblioteca Provincial notificando as obras recibidas
-
15.530/9. Expediente para mellorar a Biblioteca Provincial con adquisición de libros
-
18.869/1. Expediente dos fondos bibliográficos do Museo Solla de Arcade (1995)
-
15.530/10. Expediente de subscrición ao "Album de Galicia" publicado por D. José Peña Meléndez
-
15.530/12. Expediente concedendo exemplares de libros para a biblioteca municipal de Caldas de Reis
-
15.530/15. Expediente de aprobación do regulamento para a Biblioteca Provincial (1884)
-
15.530/24. Expediente de remisión de libros á Biblioteca. (1884-1885)
-
15.530/26. Solicitude de libros por parte da Presidenta da Confederación de San Vicente de Paúl
-
15.530/31. Expediente de adquisición de "La legislación penal española"
-
15.530/34. Expediente de adquisición de catro tomos para a biblioteca da revolución relixiosa
-
15.530/35. Expediente no que agradece ao Inspector de Primeira Ensinanza pola remisión de exemplares
-
15.530/39. Escrito do bibliotecario provincial José María Berasategui sobre a recepción de libros
-
15.530/43. Expediente sobre a adquisición de obras con destino á Biblioteca Provincial
-
15.530/45. Inventario de libros e outros existentes no Arquivo da Presidencia
-
20.705/12. Expediente da Biblioteca Provincial sobre adquisición de libros. (1893)
-
20.705/13. Expediente de reparación do local da Biblioteca Provincial. (1891-1893)
-
20.705/14. Expediente de reparación do local da Biblioteca Provincial
-
20.705/15. Expediente de traslado da Biblioteca Provincial. (1907)
-
20.705/16. Expediente de traslado da Biblioteca Provincial. (1917-1918)
-
20.705/17. Expediente de adquisición de obras para a Biblioteca Provincia
-
20.705/18. Expediente de contribución á publicación dunha folla no diario "La Nación"
-
24.723/10. Rexistro de libros da Deputación depositados na Biblioteca Pública de Pontevedra
-
24.723/11. Inventario de existencia de libros no Arquivo - Biblioteca da Deputación
-
24.723/14. Memoria da Biblioteca da deputación de Pontevedra. (1991)
-
24.723/15. Memoria da Biblioteca da deputación de Pontevedra. (1992)
-
24.723/16. Expediente sobre la adquisición mediante compra da "Biblioteca Manfred Schwarz"
-
24.723/17. Expediente sobre adquisición de fondos bibliográficos. (2002)
-
24.723/18. Inventario de revistas e libros existentes na Biblioteca que recolle ingresos ata 1992.
Expedientes xerais da biblioteca
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.2.7.7
Título Expedientes xerais da biblioteca
Data(s) 1845 - 2012 (Creación) 2012 - (Produción) - 2012 (Produción)
Volume e soporte 4 unidades de instalación; 74 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Deputación de Pontevedra. Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico(1836-) O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico insírese no organigrama da Deputación de Pontevedra como natural desenvolvemento do Arquivo-Biblioteca, consecuencia da evolución e ampliación das funcións e actividades que, de forma específica, se levan a cabo nos campos documental e bibliográfico, co fin de difundir a información e a cultura. O Arquivo da Deputación é, loxicamente, un Servizo que nace parellamente á propia Institución Provincial, polo que, case sempre, se tivo un especial coidado, como ben o amasaba a Corporación na sesión de 19 de xullo de 1836, poucos meses despois da súa instalación, na que se pide ao Secretario que " ... alugue por canto da Deputación, un galeón preparado para poñer a salvo de calquera continxencia os papeis da secretaría.. . " . A continxencia á que se alude refírese, naturalmente, ao perigo das gavillas carlistas. Son innumerables as referencias ao Arquivo de que dispoñemos, referíndose á súa organización, fondos, materiais, locais e ao persoal profesional que o atendeu ininterrumpidamente, desde a primeira aparición no cadro de persoal da praza de Arquiveiro en 1853 até o cese de Enrique Villamil no ano 1955, a partir do cal, a praza, permanecería sen cubrir, até o ano 1977 en que comenzou os seus traballos o Arquiveiro Miguel Pereira Figueroa. Instalado ata 1890 nos locais do exconvento dos Padres Franciscanos, e trasladándose nese mesmo ano, conxuntamente coa Deputación, ao actual Palacio da Alameda, onde permanecería ata o ano 1983, no que o Arquivo se dividiu en dúas seccións diferenciadas, ocupando, cada unha delas, un local distante entre si. A partires de aqui intentase recompoñer o arquivo. Refórzanse as instalacións do Pazo Provincial na pranta alta, recupérase a totalidade da documentación depositada no Museo e abrense novas instalacións, no Convento de Xesuitas xunto con algúns locais mais, manténdose os do Pazo Provincial. Impulsouse o traballo de instrumentos descriptivos, ampliouse considerablemente o persoal, melloráronse as instalacións e ampliáronse os fondos con novos ingresos por depósito e compra. Ven de levarse a cabo a a reforma integral do edificio da rúa Padre Amoedo, o que proporciona unhas instalacións modernas e espaciosas, adecuadas para o desenvolvemento das actuacións e servizos que se veñen prestando. Entre as premisas do proxecto destaca o resalte da edificación mediante unha fachada na que destaca a parte central, que se transforma nun corpo transparente e diáfano, combinando cobre e pedra, que abre o edificio á cidade. O proxecto, obra do arquitecto José Enrique Pérez-Ardá Criado, da como resultado unha nova distribución interna con cinco plantas: dous sotos para depósito de fondos documentais cunha superficie de 1.100 m2, nos que se instala estantería compactada; unha planta baixa cun gran patio distribuidor central, despachos e zonas de servizos comúns, coma o salón de usos múltiples. Nas plantas superiores van as zonas de traballo e consulta das diferentes seccións do Servizo do Patrimonio Documental e Bibliográfico: arquivo, biblioteca e publicacións, cada un deles cos seus medios e instalacións inherentes.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expedientes xerais da biblioteca
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico (Tema) (Creador)