ATOPO
Rexistros actuais: 1.065.569
Obxectos dixitais dispoñibles: 400.920

FAMILIA NORES

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.19.

  • Título FAMILIA NORES

  • Data(s) 1610-1980 (Creación) 1610-00-00 - 2005-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 2 unidades de instalación con 19 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Nores(S.XVII-S.XIX) Colección documental variada de la Familia Nores, especialmente de D. Narciso Nores Salgado e o seu fillo D. Agustín Nores Patiño, relacionada tanto coas súas propiedades e actuacións familiares coma coa súa actividade empresarial no sector conserveiro, no entorno da vila de Marín.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística Este fondo foi depositado polo anticuario, D. Severo Pardo, no mes de maio de 2005. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figueroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo María Eugenia Valenzuela Senn e Elena Aguete Landín. Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do proxecto eDepo. "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia

  • Forma do ingreso Depósito do anticuario vigués Severo Pardo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Breve relación de documentos: > Libros copiadores de cartas (1916- 1935.)(Documentación de interese para un posible estudo das relacións comerciais da empresa co país de Arxentina e outros. Tamén sobre políticos deportados e eleccións) > Libro de contabilización de gastos da casa. (1930-1934). > Documentos varios(1881 – 1958): contratos de alugueiro, testamento, recibos, copias de escrituras notariais de venda, partillas, cartas comerciais, declaracións da renda, exemplar do xornal Galicia social de data 16 de xuño de 1958 e un documento militar. > Correspondencia particular(1899-1980). > Nomeamentos e convocatorias a varios organismos (Xunta Local de 1ª Ensinanza, Consello de Administración do Tranvía Eléctrico de Pontevedra..) > Documentación relacionada co foro de Avilleiras e Campolongo na parroquia de San Martín de Salcedo (1610-1870) > Publicación editada en 1939 :“Pontevedra anda La Coruña: gallegan provinces of. Spain” de Ruth Matild Anderson, membro da Hispanic Society of. American, con 492 páxinas, 21 centímetros e abundantes fotografías en branco e negro.

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo.

  • Novos ingresos Considerado un arquivo pechado.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

  • Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación.

  • Características físicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: Bo.

  • Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM con 19 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de documentos orixinais fora do arquivo.

  • Existencia e localización de copias Documentación dixitalizada na súa totalidade con 2.817 imaxes.

  • Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Familia Nores (Tema) (Creador)

Área de control da descrición

  • Identificador da institución DEPO00200000139