ATOPO
Rexistros actuais: 1.103.516
Obxectos dixitais dispoñibles: 416.326

Fondos

AUGUSTO BÁRCENA SARACHO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.20.

  • Título AUGUSTO BÁRCENA SARACHO

  • Data(s) 1631-2013 (Creación) 1631 - 2013-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 31 unidades de instalación con 160 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Bárcena Saracho(S.XVIII- S.XX) Colección documental variada da Familia Bárcena, especialmente de D. Augusto Bárcena Saracho, relacionada tanto coas súas propiedades e actuacións familiares coma coa súa actividade musical. O seu proxenitor, Augusto Bárcena Franco, foi un dos emprendedores del Vigo daquela época, cando esta cidade iniciaba un rápido despegue comercial e industrial para converterse na primeira cidade de Galicia. A súa nai, María Saracho Spínola, era de orixe vasco, aínda que naceu en Pontevedra, onde o seu pai exerceu como delegado de Facenda. Os Bárcena Franco eran propietarios de casas de banca, consignatarios de buques, impulsores de industrias de ocio como o Teatro Tamberlick ou proxectos como O tranvía entre Vigo e Baiona, e destacaron tamén na política. O xoven Augusto Bárcena creceu neste ambiente do mundo dos negocios. Sen embargo, a influencia materna foi máis determinante para o desenvolvemento da sensibilidade artística do compositor e o animou a que se dedicase por completo á música, a súa verdadeira vocación. O camiño que tomou foi decisivo para a súa carreira posterior. Primeiros estudos Realizou os seus primeiros estudos na cidade de Vigo, posteriormente licenciouse en Dereito en Madrid e estudou Comercio en Barcelos. Se ben non era ese o camiño que el elixira. Precisamente, na cidade Condal foi onde desenvolveu a súa carreira creativa en tempos da Belle Époque. En Barcelona se formou como compositor profesional e saboreou os seus mellores éxitos, despois dunha ruptura progresiva cos asuntos e negocios familiares. Bárcenas puido dedicarse enteiramente á música sen a presión de ser ese o seu medio de vida e escribir para a difusión ou o uso concreto das súas composicións, dirixidas o salón, o café concerto, o desfile na rúa ou unha incipiente radiodifusión. O sentido práctico do compositor e a súa vontade de chegar ó gran público encaixaron coa existencia dun dinámico consumo de música en directo na Barcelona dos anos 1920-1930. Algunhas das súas creacións foron moi populares e a influencia de Galicia está moi presente na súa obra. A pesares de que no ano 1914 se marchou a Barcelona e despois a Madrid para non volver, o compositor sempre tivo presente as súas orixes, nunca esqueceu a súa terra que aparece de forma reiterada na súa obra. Así por exemplo, dentro das obras depositadas figuran títulos como “Brisas de Barallobre. Pasodrobre galego” partitura manuscrita dedicada á súa muller ; “Lembranzas da terra. Pasodobre”; “Os Pazos Galegos. Fantasía”, partitura manuscrita; “En el Ribero. Escena gallega” para piano; “Muiñeira”; “De por alá. Díptico galego”, entre outras.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística Este fondo foi depositado en calidade de cesión por José Bárcena Guzmán, coa pretensión de que se realizara unha exposición e unha publicación a cerca da obra do seu pai e de que os fondos documentais e musicais pasarán a incorporarse ó Arquivo da Deputación. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figueroa, correspondeu aos técnicos do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico Óscar Ibáñez.

  • Forma do ingreso Cesión de José Bárcena Guzmán, continuada pola súa viúva Julia Sáez Angulo en marzo de 2009.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Este fondo está composto por diversos documentos de índole xenealóxica e relixiosa así como de carácter notarial pertencentes á Familia Bárcena Saracho. Ademais, inclúense series documentais compostas por documentación varia relacionada co terreo Sobral, tales como cartas, recibos e outra documentación, ademais de correspondencia, fotografías, postais, revistas e outra documentación de carácter persoal pertencente aos diferentes membros da Familia Bárcena Saracho. O inventario somero do fondo é o seguinte: 1.1. 30.465 Documentos xenealóxicos e relixiosos. 1.5. 30.465 Fotografías. 1.5. 30.466 Fotografías. 1.6. 30.466 Postais soltas. 2.1. 30.467 Documentos de Mª Margarita Bárcena Saracho. 2.2. 30.468 Documentación relacionada con María Saracho y Spínola,Condesa de Casa Bárcena. 1.3. 30.469 Recibos, cartas e documentación da finca Sobral. 1.4. 30.469 Correspondencia. 2.3. 30.470 Documentación de Augusto Bárcena Franco. 1.2. 30.471 Documentos notariais. 2.4. 30.471 Documentación de José Manuel Bárcena Guzmán. 2.6. 30.471 Documentación de Augusto Bárcena Saracho. 2.5. 30.472 Documentación académica de Augusto Bárcena Saracho. 1.7. 30.473 Revistas varias nas que figuran Augusto Bárcena Saracho, Francisco de P. Sánchez Gavagnach, J. B. Espadaler e Maestro Burgués.

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo

  • Novos ingresos Considerado un fondo pechado

  • Organización

    Cadro de Clasificación
    
    1.- FONDOS XERAIS:
    
    1.1.- Documentos xenealóxicos e relixiosos
    1.2.- Documentos notariais
    1.3.- Recibos, cartas e documentación da finca Sobral
    1.4.- Correspondencia
    1.5.- Fotografías
    1.6.- Postais soltas
    1.7.- Revistas
    
    2.- FONDOS PERSOAIS
    
    2.1.- Documentos de María Margarita Bárcena Saracho
    2.2.- Documentación relacionada con María Saracho y Spínola
    2.3.- Documentación de Augusto Bárcena Franco
    2.4.- Documentación de José Manuel Bárcena Guzmán
    2.5.- Documentación de Tránsito Guzmán Elvira
    2.6.- Documentación académica de Augusto Bárcena Saracho
    2.7.- Documentación de Augusto Bárcena Saracho
    
    Os fondos musicais (partituras) foron depositados na sección de música notada da Biblioteca da Deputación, para o seu tratamento específico. Están  integradoas polas composicións de Augusto Bárcena Saracho e a música de outros autores: Beethoven, BrahmsF. , Schubert, Liszt, Mozart, Wagner, Chopin, Grieg, Schumann, Haydn, Debussy, Rusa, Albéniz, Granados, Música Clásica e Música moderna

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

  • Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación.

  • Características físicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: Bo.

  • Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM con 160 rexistros.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Familia Bárcena Saracho (Tema) (Creador)

Área de control da descrición

  • Identificador da institución DEPO00200000140