Fondos
FONDOS XERAIS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.20..1
Título FONDOS XERAIS
Data(s) 1631-2009 (Creación) 1631-00-00 - 2009-00-00 (Produción)
Volume e soporte 10 unidades de instalación con 65 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.
Área de contexto
Nome do produtor Familia Bárcena Saracho(S.XVIII- S.XX) Colección documental variada da Familia Bárcena, especialmente de D. Augusto Bárcena Saracho, relacionada tanto coas súas propiedades e actuacións familiares coma coa súa actividade musical. O seu proxenitor, Augusto Bárcena Franco, foi un dos emprendedores del Vigo daquela época, cando esta cidade iniciaba un rápido despegue comercial e industrial para converterse na primeira cidade de Galicia. A súa nai, María Saracho Spínola, era de orixe vasco, aínda que naceu en Pontevedra, onde o seu pai exerceu como delegado de Facenda. Os Bárcena Franco eran propietarios de casas de banca, consignatarios de buques, impulsores de industrias de ocio como o Teatro Tamberlick ou proxectos como O tranvía entre Vigo e Baiona, e destacaron tamén na política. O xoven Augusto Bárcena creceu neste ambiente do mundo dos negocios. Sen embargo, a influencia materna foi máis determinante para o desenvolvemento da sensibilidade artística do compositor e o animou a que se dedicase por completo á música, a súa verdadeira vocación. O camiño que tomou foi decisivo para a súa carreira posterior. Primeiros estudos Realizou os seus primeiros estudos na cidade de Vigo, posteriormente licenciouse en Dereito en Madrid e estudou Comercio en Barcelos. Se ben non era ese o camiño que el elixira. Precisamente, na cidade Condal foi onde desenvolveu a súa carreira creativa en tempos da Belle Époque. En Barcelona se formou como compositor profesional e saboreou os seus mellores éxitos, despois dunha ruptura progresiva cos asuntos e negocios familiares. Bárcenas puido dedicarse enteiramente á música sen a presión de ser ese o seu medio de vida e escribir para a difusión ou o uso concreto das súas composicións, dirixidas o salón, o café concerto, o desfile na rúa ou unha incipiente radiodifusión. O sentido práctico do compositor e a súa vontade de chegar ó gran público encaixaron coa existencia dun dinámico consumo de música en directo na Barcelona dos anos 1920-1930. Algunhas das súas creacións foron moi populares e a influencia de Galicia está moi presente na súa obra. A pesares de que no ano 1914 se marchou a Barcelona e despois a Madrid para non volver, o compositor sempre tivo presente as súas orixes, nunca esqueceu a súa terra que aparece de forma reiterada na súa obra. Así por exemplo, dentro das obras depositadas figuran títulos como “Brisas de Barallobre. Pasodrobre galego” partitura manuscrita dedicada á súa muller ; “Lembranzas da terra. Pasodobre”; “Os Pazos Galegos. Fantasía”, partitura manuscrita; “En el Ribero. Escena gallega” para piano; “Muiñeira”; “De por alá. Díptico galego”, entre outras.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Nesta sección atópanse diversos documentos de índole xenealóxica e relixiosa así como de carácter notarial pertencentes á Familia Bárcena Saracho. Ademais, inclúe unha serie composta por documentación varia relacionada co terreo Sobral, tales como cartas, recibos e outra documentación. Finalmente, existen series documentais que conteñen correspondencia, fotografías, postais e revistas relacionadas coa Familia Bárcena Saracho.
Organizació
Esta sección está composta por 7 series documentais, a saber: 1.- FONDOS XERAIS: 1.1.- Documentos xenealóxicos e relixiosos (1884-2008). 1.2.- Documentos notariais (1631-1908). 1.3.- Recibos, cartas e documentación da finca Sobral (1872-1910). 1.4.- Correspondencia (1882-2009). 1.5.- Fotografías (1926-1956). 1.6.- Postais (1902-1975). 1.7.- Revistas (1918-2004).
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Familia Bárcena Saracho (Tema) (Creador)