Fondos
2. Documentos notariais
-
30.471/1. Disolución de sociedade por Augusto Bárcena Franco e Segundo Torres Ruiz.
-
30.471/2. Testamento nuncupativo de Augusto Bárcena y Franco.
-
30.471/3. Constitución de sociedade mercantil por E. de Carricante y Cía e Augusto Bárcena Franco.
-
30.471/4. Disolución da sociedade “Augusto Bárcena y Carricante”.
-
30.471/5. Preliminares da disolución e liquidación da sociedade de Manuel e Augusto Bárcena Franco.
-
30.471/6. Disolución da sociedade de Augusto Bárcena Franco e Segundo Torres Ruiz.
-
30.471/7. Convenio e división acordados por Augusto e Manuel Bárcena Franco.
-
30.471/8. Venda de casa por Carlota Eiris e irmáns a Manuel González.
-
30.471/10. Venda de casa por Amalia Eiris Alonso a Manuel González y González
-
30.471/11. Venda dunha lancha por Manuel García a Augusto Bárcena y Franco.
-
30.471/12. Copia da escritura de venda dunha lancha por Manuel García a Augusto Bárcena y Franco.
-
30.471/13. Obrigación hipotecaria de Augusto Bárcena y Franco con Manuel Bárcena y Franco.
-
30.471/14. Pagamento de medianeira por Ignacio Santoro e Augusto Bárcena.
-
30.471/18. Constitución da "Casa Asilo de las Hermanitas de Ancianos Pobres" de A Coruña.
-
30.471/19. Poder outorgado por Augusto Bárcena y Franco a Ricardo Trillo y Conde.
-
30.471/20. Non aceptación de letra de cambio de José Márquez por Engracia Batalla Hermida.
-
30.471/21. Non aceptación de letra de cambio de José Márquez por Engracia Batalla Hermida (copia).
-
30.471/22. Poder especial dado por Leopoldo Bárcena y Aznar a Augusto Bárcena y Franco.
-
30.471/23. Recibín de Augusto Bárcena da cota hereditaria correspondente a Josefa Taboada Bastos.
-
30.471/24. Contrato de arrendamento entre Augusto Bárcena y Franco e Jesús Alonso Gallego.
-
30.471/25. Contrato de arrendamento entre Augusto Bárcena y Franco e José Quintás.
-
30.471/26. Aumento da cota do arrendamento entre Augusto Bárcena y Franco e a Sra. Pequeño.
-
30.471/27. Exemplar de contrato de arrendamento en sen cubrir.
-
30.471/28. Plano do teatro-circo “Tamberlick”, entradas e documentación relacionada.
-
30.471/51. Venda por Juan Derbille a Manuel Rrabelo Suárez da Horta da Fervenza, en Teis.
-
30.471/52. Troco de propiedades entre Francisco Ribera e Sabino González de Arrial.
Documentos notariais
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.20..1.2
Título Documentos notariais
Data(s) 1631-1908 (Creación)
Volume e soporte 1 unidade de instalación con 32 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.
Área de contexto
Nome do produtor Familia Bárcena Saracho(S.XVIII- S.XX) Colección documental variada da Familia Bárcena, especialmente de D. Augusto Bárcena Saracho, relacionada tanto coas súas propiedades e actuacións familiares coma coa súa actividade musical. O seu proxenitor, Augusto Bárcena Franco, foi un dos emprendedores del Vigo daquela época, cando esta cidade iniciaba un rápido despegue comercial e industrial para converterse na primeira cidade de Galicia. A súa nai, María Saracho Spínola, era de orixe vasco, aínda que naceu en Pontevedra, onde o seu pai exerceu como delegado de Facenda. Os Bárcena Franco eran propietarios de casas de banca, consignatarios de buques, impulsores de industrias de ocio como o Teatro Tamberlick ou proxectos como O tranvía entre Vigo e Baiona, e destacaron tamén na política. O xoven Augusto Bárcena creceu neste ambiente do mundo dos negocios. Sen embargo, a influencia materna foi máis determinante para o desenvolvemento da sensibilidade artística do compositor e o animou a que se dedicase por completo á música, a súa verdadeira vocación. O camiño que tomou foi decisivo para a súa carreira posterior. Primeiros estudos Realizou os seus primeiros estudos na cidade de Vigo, posteriormente licenciouse en Dereito en Madrid e estudou Comercio en Barcelos. Se ben non era ese o camiño que el elixira. Precisamente, na cidade Condal foi onde desenvolveu a súa carreira creativa en tempos da Belle Époque. En Barcelona se formou como compositor profesional e saboreou os seus mellores éxitos, despois dunha ruptura progresiva cos asuntos e negocios familiares. Bárcenas puido dedicarse enteiramente á música sen a presión de ser ese o seu medio de vida e escribir para a difusión ou o uso concreto das súas composicións, dirixidas o salón, o café concerto, o desfile na rúa ou unha incipiente radiodifusión. O sentido práctico do compositor e a súa vontade de chegar ó gran público encaixaron coa existencia dun dinámico consumo de música en directo na Barcelona dos anos 1920-1930. Algunhas das súas creacións foron moi populares e a influencia de Galicia está moi presente na súa obra. A pesares de que no ano 1914 se marchou a Barcelona e despois a Madrid para non volver, o compositor sempre tivo presente as súas orixes, nunca esqueceu a súa terra que aparece de forma reiterada na súa obra. Así por exemplo, dentro das obras depositadas figuran títulos como “Brisas de Barallobre. Pasodrobre galego” partitura manuscrita dedicada á súa muller ; “Lembranzas da terra. Pasodobre”; “Os Pazos Galegos. Fantasía”, partitura manuscrita; “En el Ribero. Escena gallega” para piano; “Muiñeira”; “De por alá. Díptico galego”, entre outras.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta serie está composta por documentos de carácter notarial pertencentes á Familia Bárcena Saracho.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Familia Bárcena Saracho (Tema) (Creador)