Fondos
4. Documentación de José Manuel Bárcena Guzmán
-
30.473/6. Folleto "Augusto Bárcena Saracho, músico vigués con amplia obra gallega".
-
30.479/2. Traballos de José Manuel Bárcena Guzmán para a "Agencia EFE".
-
30.479/3. Libros, revistas e folletos propiedade de José Manuel Bárcena Guzmán
-
30.471/29. Certificados de bautismo e casamento de José Manuel Bárcena Guzmán.
-
30.471/32. Dous artigos publicados na revista “Ibérica” por José Bárcena Guzmán.
-
30.471/33. Recorte de prensa da homenaxe privada ao músico Augusto Bárcena.
-
30.471/35. Contrato de alugueiro de caixa de seguridade no Banco Hispano Americano.
-
30.471/36. Dous debuxos de mapas (Península Ibérica e o Levante).
-
30.471/54. Pasaportes e carnés varios de José Manuel Bárcena Guzmán.
-
30.471/55. Documentación relativa ao Servizo Militar de José Manuel Bárcena Guzmán.
-
30.471/56. Cualificacións académicas de José Manuel Bárcena Guzmán
-
30.471/58. Cadernos de caligrafía "El Silabario" de José Manuel Bárcena Guzmán.
Documentación de José Manuel Bárcena Guzmán
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.20..2.4
Título Documentación de José Manuel Bárcena Guzmán
Data(s) 1928-2006 (Creación) 1928-00-00 - 2008-00-00 (Produción)
Volume e soporte 3 unidades de instalación con 17 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.
Área de contexto
Nome do produtor Familia Bárcena Saracho(S.XVIII- S.XX) Colección documental variada da Familia Bárcena, especialmente de D. Augusto Bárcena Saracho, relacionada tanto coas súas propiedades e actuacións familiares coma coa súa actividade musical. O seu proxenitor, Augusto Bárcena Franco, foi un dos emprendedores del Vigo daquela época, cando esta cidade iniciaba un rápido despegue comercial e industrial para converterse na primeira cidade de Galicia. A súa nai, María Saracho Spínola, era de orixe vasco, aínda que naceu en Pontevedra, onde o seu pai exerceu como delegado de Facenda. Os Bárcena Franco eran propietarios de casas de banca, consignatarios de buques, impulsores de industrias de ocio como o Teatro Tamberlick ou proxectos como O tranvía entre Vigo e Baiona, e destacaron tamén na política. O xoven Augusto Bárcena creceu neste ambiente do mundo dos negocios. Sen embargo, a influencia materna foi máis determinante para o desenvolvemento da sensibilidade artística do compositor e o animou a que se dedicase por completo á música, a súa verdadeira vocación. O camiño que tomou foi decisivo para a súa carreira posterior. Primeiros estudos Realizou os seus primeiros estudos na cidade de Vigo, posteriormente licenciouse en Dereito en Madrid e estudou Comercio en Barcelos. Se ben non era ese o camiño que el elixira. Precisamente, na cidade Condal foi onde desenvolveu a súa carreira creativa en tempos da Belle Époque. En Barcelona se formou como compositor profesional e saboreou os seus mellores éxitos, despois dunha ruptura progresiva cos asuntos e negocios familiares. Bárcenas puido dedicarse enteiramente á música sen a presión de ser ese o seu medio de vida e escribir para a difusión ou o uso concreto das súas composicións, dirixidas o salón, o café concerto, o desfile na rúa ou unha incipiente radiodifusión. O sentido práctico do compositor e a súa vontade de chegar ó gran público encaixaron coa existencia dun dinámico consumo de música en directo na Barcelona dos anos 1920-1930. Algunhas das súas creacións foron moi populares e a influencia de Galicia está moi presente na súa obra. A pesares de que no ano 1914 se marchou a Barcelona e despois a Madrid para non volver, o compositor sempre tivo presente as súas orixes, nunca esqueceu a súa terra que aparece de forma reiterada na súa obra. Así por exemplo, dentro das obras depositadas figuran títulos como “Brisas de Barallobre. Pasodrobre galego” partitura manuscrita dedicada á súa muller ; “Lembranzas da terra. Pasodobre”; “Os Pazos Galegos. Fantasía”, partitura manuscrita; “En el Ribero. Escena gallega” para piano; “Muiñeira”; “De por alá. Díptico galego”, entre outras.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta serie inclúe diversa documentación resultado das actividades de José Manuel Bárcena Guzmán
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Familia Bárcena Saracho (Tema) (Creador)