Fondos
31.758/20. Documentación patrimonial vencellada a Teresa Estévez.
Documentación patrimonial vencellada a Teresa Estévez.
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.21..2.31.758/20
Título Documentación patrimonial vencellada a Teresa Estévez.
Data(s) 1545-1572 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 40 follas.
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente de concordia entre Juan Novo, herdeiro de Juan Doval Trigo, reitor de San Miguel de Marcón, e Lázaro Gómez en nome de Teresa Estévez e Catalina Puga, por un preito no lugar e casar da Ermida, en San Vicente de Cerponzóns. Perante: Bartolomé García. Data: 1571, maio, 14. Pontevedra. Nº Inventario: 369 e 370. Freguesía de Cerponzóns e Vila de Pontevedra. Lugar de Ermida. Follas: 40. Contén tamén: - Expediente de venda de Teresa Estévez, viúva de Juan Domínguez Cachazo, a Lázaro Gómez, o seu xenro, e esposa, dunhas casas na rúa de Juan Negreiro na Moureira, freguesía de Santa María a Grande. Ante Antonio Fernández de Formigueiro, notario. Data de 1572, xullo, 2. Pontevedra. - Expediente de testamento de María Afonso, muller de Bieito Doz, onde se acredita a propiedade da casa de Negreira que lle cedeu a Teresa Estévez. Perante Juan del Monesterio, notario. Data de 1570, xullo, 11. Pontevedra. - Expediente de Doazón de Inés Correa, viúva de Juan Afonso mareante, a Juan González mareante, seu criado. Perante Rodrigo García, escribán. Data de 1545, marzo, 30. Pontevedra. - Expediente de venda de Juan González, mareante da Rúa da Barca, freguesía de Santa María a Grande, e a súa muller Violante Losada, a Juan Domínguez Cachazo e a súa muller Teresa Estévez da metade da casa do Souto na Rúa da Barca. Perante Rodrigo García, escribán e notario. Data de 1549, xullo, 14. Pontevedra. - Expediente de venda de Juan González, criado de Inés Correa, e Violante Losada, a Juan Domínguez Cachazo e a súa muller, Teresa Estévez, da casa sita na rúa daBarca. Perante Rodrigo García, notario. Data de 1550, abril, 9. Pontevedra. Contén tamén outros documentos relacionados.
Ãrea de notas
Nota