Fondos
34.357/3. Documentos referidos á nobreza e fidalguía de D. Benito Ramón Varela de Novoa Mariño de Lobera Verea y Aguiar
Documentos referidos á nobreza e fidalguía de D. Benito Ramón Varela de Novoa Mariño de Lobera Verea y Aguiar
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.23..0.2.34.357/3
Título Documentos referidos á nobreza e fidalguía de D. Benito Ramón Varela de Novoa Mariño de Lobera Verea y Aguiar
Data(s) 1656-01-21/1816-11-22 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 208 follas
Área de contexto
Nome do produtor Pazo da Buzaca. Familia Varela(S.XV-S.XX) A familia Varela ten o seu primeiro solar en Galicia no val do Dubra da que procede a Casa de Quindimil. Dela saíron, probablemente no último terzo do século XVI, os Varela que se asentaron na xurisdición de Caldas de Reis, primeiro no pazo de Casalnovo, no actual concello de Caldas de Reis, e despois no da Buzaca no concello de Moraña. O primeiro Varela relacionado coa vila de Caldas de Reis é Jorge Varela, casado con Inés Vázquez Mosquera, señores da Casa de Quindimil en Palas de Rei. A partir de aquí empezan a entroncar coas familias Mariño de Goyanes e Lobeira, Sotomayor, Suárez de Deza, Riobó, Camaaño, etc. No XVII Pedro Varela de Dubra, casado en 1629 con Inés Mariño de Lobeira e Salnés, funda o vínculo sucesorio da Casa de Casalnovo. Sucédelle Benito Varela do Salnés (1630-1705),casado con Mª Antonia Caamaño. O seu fillo Pedro Diego foi cóengo doutoral da catedral de Tui. Emparenta cos López Ballesteros de Vilagarcía de Arousa. Séguelle Gómez Diego Varela Mariño. Diego Francisco Varela casa en 1718 con Andrea Josefa Verea Fariña, da Casa dos Fariña de So o Rego, que morre ao parir o seguinte sucesor José Varela de Verea (1720-1773), home de Rosalía Verea de Aguiar. Entre os seus fillos destacamos a Jacobo que foi morto nunha acción contra os franceses na ponte do Burgo de Pontevedra en 1809. Benito Ramón Varela de Verea y Aguiar (1754-1818) xuíz de Xeve e da xurisdición de Penaflor, será o sucesor. Segue Lorenzo Varela Sarmiento (1803-1860), deputado provincial polo partido de Caldas de Reis na primeira lexislatura da Deputación ata a súa morte e membro da Comisión de Armamento e Defensa creada a partir das Guerras Carlistas, ademais de Deputado a Cortes en entre 1847 e 1850. Morre sen descendencia. O seu irmán Jacobo (1805-1868) foi oficial do Arquivo da Secretaría de Estado e do Despacho de Facenda e Administrador xeral da renda de viños e licores en Filipinas. A Benito Varela de Torres, tamén Deputado provincial por Caldas de Reis en 1862-1863 e 1877-1880, tenente coronel de artillería, casado con Guadalupe de la Cerda, séguelle a súa filla Candelaria Varela de la Cerda (1867-1904) que casa co seu tío José Varela de Torres, tamén militar en Valladolid. Continúa o seu fillo Manuel Varela Varela (1901-1969), casado con Maria Demetria Victoria Paz García, cuxos fillos son os actuais propietarios do Pazo da Buzaca.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente composto por diferente documentación referida ás probas de nobreza e fidalguía de D. Benito Ramón Varela de Novoa Mariño de Lobera Verea y Aguiar. Contén: -- Documento 1. Testemuño do pertencente á información de nobreza e fidalguía que acreditou Don Benito Ramón Varela de Novoa Mariño de Lobera Verea y Aguilar, dono e señor das casas e soares e Pazos de Casalnovo e Buzaca; recibida ante a Xustiza da Xurisdición de Peñaflor. Escribán: Pedro Ramón de Chan y Caldas García de Monrroy Data: 1793, xaneiro, 30. Xurisdición de Peñaflor, Carril. 34 follas. -- Documento 2. Real Provisión da súa Maxestade, expedida pola súa Alteza os señores da Real Sala de Fidalgos na Chancelaría de Valladolid a instancia de Don Benito Ramón Varela Mariño de Lobera para dar estado de Fidalgo. Datas: 1804, novembro, 27/1805, xuño, 29 Ante: Don Luis de Ajo y Villegas, Señor da Camara e Maior dos Fidalgos de Castilla da Audiencia e Chancelaría do Reino. Ademais contén anexos outros documentos como: Información de Don Benito Ramón Varela e irmáns para aclarar a súa nobreza e fidalguía. Compulsa de partidas de bautismo e casamento. Etc. 125 follas. -- Documento 3. Documentos pertencentes á fidalguía e excepcións que gozan os posuidores da Casa soar de Casalnovo existente na parroquia de Santa María da vila de Caldas de Reis. Datas: 1656, xaneiro, 21/1706, agosto, 29 42 follas. -- Documento 4. Varias certificacións referidas á documentación de nobreza presentada por Benito Varela Mariño de Lobera. Datas: 1805, xaneiro, 01/1816, novembro, 22. 7 follas.
Organizació
Esta agrupación documental está composta por catro agrupacións documentais que conteñen, á súa vez, varios documentos cosidos relativos á mesma información
Área de condicións de acceso e utilización
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Bo estado de conservación
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo da Buzaca. Familia Varela (Tema) (Creador)