Fondos
34.360/16. Expediente de varias escrituras de vendas entre 1687-1697
Expediente de varias escrituras de vendas entre 1687-1697
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.23..1.1.2.34.360/16
Título Expediente de varias escrituras de vendas entre 1687-1697
Data(s) 1687-1697 (Creación)
Volume e soporte 1 documento atado. 11 follas
Área de contexto
Nome do produtor Pazo da Buzaca. Familia Varela(S.XV-S.XX) A familia Varela ten o seu primeiro solar en Galicia no val do Dubra da que procede a Casa de Quindimil. Dela saíron, probablemente no último terzo do século XVI, os Varela que se asentaron na xurisdición de Caldas de Reis, primeiro no pazo de Casalnovo, no actual concello de Caldas de Reis, e despois no da Buzaca no concello de Moraña. O primeiro Varela relacionado coa vila de Caldas de Reis é Jorge Varela, casado con Inés Vázquez Mosquera, señores da Casa de Quindimil en Palas de Rei. A partir de aquí empezan a entroncar coas familias Mariño de Goyanes e Lobeira, Sotomayor, Suárez de Deza, Riobó, Camaaño, etc. No XVII Pedro Varela de Dubra, casado en 1629 con Inés Mariño de Lobeira e Salnés, funda o vínculo sucesorio da Casa de Casalnovo. Sucédelle Benito Varela do Salnés (1630-1705),casado con Mª Antonia Caamaño. O seu fillo Pedro Diego foi cóengo doutoral da catedral de Tui. Emparenta cos López Ballesteros de Vilagarcía de Arousa. Séguelle Gómez Diego Varela Mariño. Diego Francisco Varela casa en 1718 con Andrea Josefa Verea Fariña, da Casa dos Fariña de So o Rego, que morre ao parir o seguinte sucesor José Varela de Verea (1720-1773), home de Rosalía Verea de Aguiar. Entre os seus fillos destacamos a Jacobo que foi morto nunha acción contra os franceses na ponte do Burgo de Pontevedra en 1809. Benito Ramón Varela de Verea y Aguiar (1754-1818) xuíz de Xeve e da xurisdición de Penaflor, será o sucesor. Segue Lorenzo Varela Sarmiento (1803-1860), deputado provincial polo partido de Caldas de Reis na primeira lexislatura da Deputación ata a súa morte e membro da Comisión de Armamento e Defensa creada a partir das Guerras Carlistas, ademais de Deputado a Cortes en entre 1847 e 1850. Morre sen descendencia. O seu irmán Jacobo (1805-1868) foi oficial do Arquivo da Secretaría de Estado e do Despacho de Facenda e Administrador xeral da renda de viños e licores en Filipinas. A Benito Varela de Torres, tamén Deputado provincial por Caldas de Reis en 1862-1863 e 1877-1880, tenente coronel de artillería, casado con Guadalupe de la Cerda, séguelle a súa filla Candelaria Varela de la Cerda (1867-1904) que casa co seu tío José Varela de Torres, tamén militar en Valladolid. Continúa o seu fillo Manuel Varela Varela (1901-1969), casado con Maria Demetria Victoria Paz García, cuxos fillos son os actuais propietarios do Pazo da Buzaca.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente de varias escrituras de vendas entre 1687-1697: -- A 8 de xullo de 1687, en San Breixome de Barro, Domingo Blanco de Villar y Pedro Paz Caamaño venden o monte Rabadeiras a Francisco Fariña, cura e reitor de San Pedro de Rebón. -- A 12 de xullo de 1687, en San Pedro de Rebón, Antonia Paz Caamaño, viúva de Jacinto de Castro vende ao licenciado Pascual Fariña un anaco de monte que está no lugar de Outeriño. -- A 1 de setembro de 1692, no lugar de Casalnovo, Gregorio da Fonte e Madalena Paz, a súa muller, realizaron unha venda de censo redimible ao quitar a D. Gómez Varela Mariño. -- A 5 de outubro de 1695, en Santa Mariña de Arcos da Condesa, D. Gómez Varela Salnés recibíu una cantidade de reais de vellón de mans de Gregorio da Fonte y Alonso. -- A 1 de xaneiro de 1696, en San Pedro de Rebón, Gregorio da Fonte e Madalena Paz, a súa muller, venden unha tomada no lugar de Outeiriño ao licenciado Francisco Fariña, cura e reitor da freguesía de San Pedro de Rebón. -- A 20 de setembro de 1697, en San Pedro de Rebón, Antonio de Castro a tomada das Rabadeiras ao licenciado Francisco Fariña.
Área de condicións de acceso e utilización
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Conservación boa
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo da Buzaca. Familia Varela (Tema) (Creador)