ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Trocos e compras de varias posesións en Cosoirado

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.23..1.1.3.34.360/17

  • Título Trocos e compras de varias posesións en Cosoirado

  • Data(s) 1804-1828 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 19 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo da Buzaca. Familia Varela(S.XV-S.XX) A familia Varela ten o seu primeiro solar en Galicia no val do Dubra da que procede a Casa de Quindimil. Dela saíron, probablemente no último terzo do século XVI, os Varela que se asentaron na xurisdición de Caldas de Reis, primeiro no pazo de Casalnovo, no actual concello de Caldas de Reis, e despois no da Buzaca no concello de Moraña. O primeiro Varela relacionado coa vila de Caldas de Reis é Jorge Varela, casado con Inés Vázquez Mosquera, señores da Casa de Quindimil en Palas de Rei. A partir de aquí empezan a entroncar coas familias Mariño de Goyanes e Lobeira, Sotomayor, Suárez de Deza, Riobó, Camaaño, etc. No XVII Pedro Varela de Dubra, casado en 1629 con Inés Mariño de Lobeira e Salnés, funda o vínculo sucesorio da Casa de Casalnovo. Sucédelle Benito Varela do Salnés (1630-1705),casado con Mª Antonia Caamaño. O seu fillo Pedro Diego foi cóengo doutoral da catedral de Tui. Emparenta cos López Ballesteros de Vilagarcía de Arousa. Séguelle Gómez Diego Varela Mariño. Diego Francisco Varela casa en 1718 con Andrea Josefa Verea Fariña, da Casa dos Fariña de So o Rego, que morre ao parir o seguinte sucesor José Varela de Verea (1720-1773), home de Rosalía Verea de Aguiar. Entre os seus fillos destacamos a Jacobo que foi morto nunha acción contra os franceses na ponte do Burgo de Pontevedra en 1809. Benito Ramón Varela de Verea y Aguiar (1754-1818) xuíz de Xeve e da xurisdición de Penaflor, será o sucesor. Segue Lorenzo Varela Sarmiento (1803-1860), deputado provincial polo partido de Caldas de Reis na primeira lexislatura da Deputación ata a súa morte e membro da Comisión de Armamento e Defensa creada a partir das Guerras Carlistas, ademais de Deputado a Cortes en entre 1847 e 1850. Morre sen descendencia. O seu irmán Jacobo (1805-1868) foi oficial do Arquivo da Secretaría de Estado e do Despacho de Facenda e Administrador xeral da renda de viños e licores en Filipinas. A Benito Varela de Torres, tamén Deputado provincial por Caldas de Reis en 1862-1863 e 1877-1880, tenente coronel de artillería, casado con Guadalupe de la Cerda, séguelle a súa filla Candelaria Varela de la Cerda (1867-1904) que casa co seu tío José Varela de Torres, tamén militar en Valladolid. Continúa o seu fillo Manuel Varela Varela (1901-1969), casado con Maria Demetria Victoria Paz García, cuxos fillos son os actuais propietarios do Pazo da Buzaca.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Cosoirado: trocos e compras de varias posesións, entre 1804-1828: -- A 11 de febreiro de 1804, D. Juan Ignacio Terrio* fixo un troco con Teresa Cerviño dunha casa no lugar da Costa por outra que pertenceu a Ramón Gómez. [*Na actualidade o apelido sería Tarrio]. -- A 3 de febreiro de 1804, Ramón Gómez vendeu unha casa sita no lugar da Costa a D. Juan Ignacio Terrio. -- A 10 de xuño de 1801, María Cerviño vendeu un anaco de horta a Benito Ramón Varela. -- A 8 de decembro de 1803, Benito Varela levou a cabo unha deixación dunha parte da horta que comprara a María Cerviño. -- A 14 de marzo de 1793, María Vicenta Varela, muller de Bernardo de Villaverde, vendeu unha porción de casa a María Cerviño. -- A 30 de maio de 1811, Rosalía Núñez, viúva de Ramón Gómez, e María Isabel de Nobas venderon dúas leiras de toxal no Castro da Carballeira a D. Juan Terrio. -- A 27 de setembro de 1816, Manuel Fariña e Rosa Monteagudo, a súa muller, fixeron unha venda a D. Juan Ignacio Terrio. -- A 9 de febreiro de 1817, D. Juan Ignacio Tarrio e María Núñez, viúva de Francisco Pérez Lorenzo, fixeron un troco de 14 concas de toxal e campo de retamar na Carballeira de Castro. -- A 2 de febreiro de 1817, Francisco José Blanco vendeu unha leira na Carballeira de Castro a D. Juan Ignacio Terrio. -- A 3 de febreiro de 1817, Benito Rodríguez vendeu unha peza de toxal a D. Juan Ignacio Terrio. -- A 21 de abril de 1830, Juliana Lorenzo, viúva de Jacobo Rodríguez, vendeu unha peza de toxal a D. Juan Ignacio Terrio. -- A 25 de marzo de 1818, Simón do Souto e Ana María Rodríguez, a súa muller, realizaron unha venta a D. Juan Ignacio Terrio. -- A 29 de febreiro de 1828, Simón Rodríguez Núñez vendeu unha peza de toxal e campo de retamar na Carballeira do Castro a D. Juan Ignacio Terrio. -- A 27 de xuño de 1818, Cayetano Gómez fixo unha venda a D. Juan Ignacio Terrio. -- A 8 de xaneiro de 1816, Pascual Rodríguez fixo unha venda a D. Juan Ignacio Terrio. -- A 9 de xaneiro de 1818, Francisco Blanco y Villaverde fixo unha venda a D. Juan Ignacio Terrio.

Área de condicións de acceso e utilización

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Conservación boa Hai un atado de documentos e varios soltos de diversos tamaños.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo da Buzaca. Familia Varela (Tema) (Creador)

Área de control da descrición