ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.185
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Documentos relativos ao testamento de Pedro Velay

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.23..1.1.4.34.379/13

  • Título Documentos relativos ao testamento de Pedro Velay

  • Data(s) 1835-1847 (Creación)

  • Volume e soporte 9 documentos atados, 27 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo da Buzaca. Familia Varela(S.XV-S.XX) A familia Varela ten o seu primeiro solar en Galicia no val do Dubra da que procede a Casa de Quindimil. Dela saíron, probablemente no último terzo do século XVI, os Varela que se asentaron na xurisdición de Caldas de Reis, primeiro no pazo de Casalnovo, no actual concello de Caldas de Reis, e despois no da Buzaca no concello de Moraña. O primeiro Varela relacionado coa vila de Caldas de Reis é Jorge Varela, casado con Inés Vázquez Mosquera, señores da Casa de Quindimil en Palas de Rei. A partir de aquí empezan a entroncar coas familias Mariño de Goyanes e Lobeira, Sotomayor, Suárez de Deza, Riobó, Camaaño, etc. No XVII Pedro Varela de Dubra, casado en 1629 con Inés Mariño de Lobeira e Salnés, funda o vínculo sucesorio da Casa de Casalnovo. Sucédelle Benito Varela do Salnés (1630-1705),casado con Mª Antonia Caamaño. O seu fillo Pedro Diego foi cóengo doutoral da catedral de Tui. Emparenta cos López Ballesteros de Vilagarcía de Arousa. Séguelle Gómez Diego Varela Mariño. Diego Francisco Varela casa en 1718 con Andrea Josefa Verea Fariña, da Casa dos Fariña de So o Rego, que morre ao parir o seguinte sucesor José Varela de Verea (1720-1773), home de Rosalía Verea de Aguiar. Entre os seus fillos destacamos a Jacobo que foi morto nunha acción contra os franceses na ponte do Burgo de Pontevedra en 1809. Benito Ramón Varela de Verea y Aguiar (1754-1818) xuíz de Xeve e da xurisdición de Penaflor, será o sucesor. Segue Lorenzo Varela Sarmiento (1803-1860), deputado provincial polo partido de Caldas de Reis na primeira lexislatura da Deputación ata a súa morte e membro da Comisión de Armamento e Defensa creada a partir das Guerras Carlistas, ademais de Deputado a Cortes en entre 1847 e 1850. Morre sen descendencia. O seu irmán Jacobo (1805-1868) foi oficial do Arquivo da Secretaría de Estado e do Despacho de Facenda e Administrador xeral da renda de viños e licores en Filipinas. A Benito Varela de Torres, tamén Deputado provincial por Caldas de Reis en 1862-1863 e 1877-1880, tenente coronel de artillería, casado con Guadalupe de la Cerda, séguelle a súa filla Candelaria Varela de la Cerda (1867-1904) que casa co seu tío José Varela de Torres, tamén militar en Valladolid. Continúa o seu fillo Manuel Varela Varela (1901-1969), casado con Maria Demetria Victoria Paz García, cuxos fillos son os actuais propietarios do Pazo da Buzaca.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Documentos relativos ao testamento, 1842-1843, de Pedro Velay, cura de S. Mamede de Amil a favor de Lorenzo Varela Sarmiento. -- Obrigación de 500 reais de vellón feita por D. Joaquín Rey Vasadre, veciño de Caldas de Reis, pertencentes á herdanza de D. Pedro Velay, cura que foi de San Mamede de Amil, 6 de xullo de 1835. -- Convenio entre D. Pedro Velay, D. Apolinario López y Manuel Cobas, 21 de xuño de 1842. -- Testamento e última vontade do falecido D. Pedro Velay, cura párroco que foi de San Mamede de Amil, que otorgou o 21 de xuño de 1842 ante D. Enrique Ruibal, escribán de Caldas de Reis. -- Testemuño que acredita as dilixencias de prevención do inventario acordado polo señor alcalde constitucional de Moraña, e escritura de seguridade e fianza prestada por D. Lorenzo Varela como herdeiro de D. Pedro Velay, cura párroco de San Mamede de Amil, 1843. -- Obrigación de 365 reais e medio feita por Ambrosio Núñez, veciño da freguesía de San Mamede de Amil, 22 de marzo de 1843. -- Codicilio outorgado por D. Pedro Velay o 16 de setembro de 1843. -- Carta de pagamento que foi dada por D. Blas Parga, actual párroco de San Mamede de Amil, 1845. Datas: 1835- 1847

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo da Buzaca. Familia Varela (Tema) (Creador)

Área de control da descrición