ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Títulos e documentos pertencentes ao Curato de Santa María de Cosoirado

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.23..2.1.34.364/1

  • Título Títulos e documentos pertencentes ao Curato de Santa María de Cosoirado

  • Data(s) 1540-1833 (Creación)

  • Volume e soporte 7 documentos atados. 87 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo da Buzaca. Familia Varela(S.XV-S.XX) A familia Varela ten o seu primeiro solar en Galicia no val do Dubra da que procede a Casa de Quindimil. Dela saíron, probablemente no último terzo do século XVI, os Varela que se asentaron na xurisdición de Caldas de Reis, primeiro no pazo de Casalnovo, no actual concello de Caldas de Reis, e despois no da Buzaca no concello de Moraña. O primeiro Varela relacionado coa vila de Caldas de Reis é Jorge Varela, casado con Inés Vázquez Mosquera, señores da Casa de Quindimil en Palas de Rei. A partir de aquí empezan a entroncar coas familias Mariño de Goyanes e Lobeira, Sotomayor, Suárez de Deza, Riobó, Camaaño, etc. No XVII Pedro Varela de Dubra, casado en 1629 con Inés Mariño de Lobeira e Salnés, funda o vínculo sucesorio da Casa de Casalnovo. Sucédelle Benito Varela do Salnés (1630-1705),casado con Mª Antonia Caamaño. O seu fillo Pedro Diego foi cóengo doutoral da catedral de Tui. Emparenta cos López Ballesteros de Vilagarcía de Arousa. Séguelle Gómez Diego Varela Mariño. Diego Francisco Varela casa en 1718 con Andrea Josefa Verea Fariña, da Casa dos Fariña de So o Rego, que morre ao parir o seguinte sucesor José Varela de Verea (1720-1773), home de Rosalía Verea de Aguiar. Entre os seus fillos destacamos a Jacobo que foi morto nunha acción contra os franceses na ponte do Burgo de Pontevedra en 1809. Benito Ramón Varela de Verea y Aguiar (1754-1818) xuíz de Xeve e da xurisdición de Penaflor, será o sucesor. Segue Lorenzo Varela Sarmiento (1803-1860), deputado provincial polo partido de Caldas de Reis na primeira lexislatura da Deputación ata a súa morte e membro da Comisión de Armamento e Defensa creada a partir das Guerras Carlistas, ademais de Deputado a Cortes en entre 1847 e 1850. Morre sen descendencia. O seu irmán Jacobo (1805-1868) foi oficial do Arquivo da Secretaría de Estado e do Despacho de Facenda e Administrador xeral da renda de viños e licores en Filipinas. A Benito Varela de Torres, tamén Deputado provincial por Caldas de Reis en 1862-1863 e 1877-1880, tenente coronel de artillería, casado con Guadalupe de la Cerda, séguelle a súa filla Candelaria Varela de la Cerda (1867-1904) que casa co seu tío José Varela de Torres, tamén militar en Valladolid. Continúa o seu fillo Manuel Varela Varela (1901-1969), casado con Maria Demetria Victoria Paz García, cuxos fillos son os actuais propietarios do Pazo da Buzaca.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Beneficio curado de Santa María de Cosoirado. [Moraña]. Diócese de Santiago. Títulos e documentos pertencentes ao Curato de Santa María de Cosoirado. [Moraña] Datas extremas: 1540- 1833 • Nomeamento do notario apostólico,1540. 31 páx. Fol + 2 A-3. • Pertenzas e bens do Igrexario de Santa María de Cosoirado, 1660, 8 páx. (contén transcrición posterior). • Copias da declaración dos límites do Monte chamado da Brea,1687. 6 páx. • Elección de novo cura e reitor de dito beneficio, recaído en J. Ignacio Tarrio, 1803. 12 páx. • Executoria librada para exención de pago do décimo, 1827. 8 páx. • Pedimento do cura para nova edificación, 1806. 8 páx. • Título de beneficio curado, a favor de Domingo Antonio Bustelo,1833. 4 páx. (carimbo seco arcebispal ben conservado).

Área de condicións de acceso e utilización

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Conservación regular con bordes deteriorados

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo da Buzaca. Familia Varela (Tema) (Creador)

Área de control da descrición