ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Documentación variada en relación ao Beneficio Curado de San Mamede de Amil

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.23..2.1.34.369/1

  • Título Documentación variada en relación ao Beneficio Curado de San Mamede de Amil

  • Data(s) 1698-01-09/1848-11-13 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 375 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo da Buzaca. Familia Varela(S.XV-S.XX) A familia Varela ten o seu primeiro solar en Galicia no val do Dubra da que procede a Casa de Quindimil. Dela saíron, probablemente no último terzo do século XVI, os Varela que se asentaron na xurisdición de Caldas de Reis, primeiro no pazo de Casalnovo, no actual concello de Caldas de Reis, e despois no da Buzaca no concello de Moraña. O primeiro Varela relacionado coa vila de Caldas de Reis é Jorge Varela, casado con Inés Vázquez Mosquera, señores da Casa de Quindimil en Palas de Rei. A partir de aquí empezan a entroncar coas familias Mariño de Goyanes e Lobeira, Sotomayor, Suárez de Deza, Riobó, Camaaño, etc. No XVII Pedro Varela de Dubra, casado en 1629 con Inés Mariño de Lobeira e Salnés, funda o vínculo sucesorio da Casa de Casalnovo. Sucédelle Benito Varela do Salnés (1630-1705),casado con Mª Antonia Caamaño. O seu fillo Pedro Diego foi cóengo doutoral da catedral de Tui. Emparenta cos López Ballesteros de Vilagarcía de Arousa. Séguelle Gómez Diego Varela Mariño. Diego Francisco Varela casa en 1718 con Andrea Josefa Verea Fariña, da Casa dos Fariña de So o Rego, que morre ao parir o seguinte sucesor José Varela de Verea (1720-1773), home de Rosalía Verea de Aguiar. Entre os seus fillos destacamos a Jacobo que foi morto nunha acción contra os franceses na ponte do Burgo de Pontevedra en 1809. Benito Ramón Varela de Verea y Aguiar (1754-1818) xuíz de Xeve e da xurisdición de Penaflor, será o sucesor. Segue Lorenzo Varela Sarmiento (1803-1860), deputado provincial polo partido de Caldas de Reis na primeira lexislatura da Deputación ata a súa morte e membro da Comisión de Armamento e Defensa creada a partir das Guerras Carlistas, ademais de Deputado a Cortes en entre 1847 e 1850. Morre sen descendencia. O seu irmán Jacobo (1805-1868) foi oficial do Arquivo da Secretaría de Estado e do Despacho de Facenda e Administrador xeral da renda de viños e licores en Filipinas. A Benito Varela de Torres, tamén Deputado provincial por Caldas de Reis en 1862-1863 e 1877-1880, tenente coronel de artillería, casado con Guadalupe de la Cerda, séguelle a súa filla Candelaria Varela de la Cerda (1867-1904) que casa co seu tío José Varela de Torres, tamén militar en Valladolid. Continúa o seu fillo Manuel Varela Varela (1901-1969), casado con Maria Demetria Victoria Paz García, cuxos fillos son os actuais propietarios do Pazo da Buzaca.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Beneficio curato de San Mamede de Amil. Documentos varios do devandito beneficio curado. Contén: -- Documento 1. Relación de obrigas e fundacións de misas relacionadas co Beneficio Curado de San Mamede de Amil. Anos de 1676 a 1712. 9 follas. -- Documento 2. Instrumento -escritura- de doazón orixinal a favor de Don Palcual Fariña da presentación de San Mamede de Amil que parou por ante Gerónimo Silva, escribano, cuxas notas paran no oficio de Pedro Chan e Caldas, escribano de número de Pañaflor, veciño de Santa Xusta de Moraña. Data: 1698, xaneiro, 09. San Lourenzo de Moraña. 3 follas. -- Documento 3. Conxunto de sete escrituras -cosidas- de foro outorgadas polo Licenciado Don Juan de Piñeiro, cura que foi de Amil, de varios bens e rendas, as cales deben percibir os seus sucesores como propia do Igrexario desta parroquia. Inclúe documentos soltos relacionados cos aforamentos realizados polo cura de Amil. Estos aforamentos son a favor de: *María Gago, Dionisia Gago e consortes, a cuarta parte da herdade de Fonte Pereira. Data: 1702, xullo, 05. *Juan de Ruibal e Silvestre de Cobas e consortes, a veiga da "Piza". Data: 1702, xullo, 05. *Gregorio, Antonio, Salvador, Juan e Francisco de Barro, a veiga de "Fixó". Data: 1702, xullo, 03. *Francisco e Antonio Ruibal e Juan e Domingo Núñez e demais consortes, a veiga das Maiceiriñas, Panicería e Canto da Barcia. Data: 1702, xullo, 03. *Alberto Trigo, Blas Fariña e cosortes, a herdade e veiga da "Cheda". Data:1702, xuño, 01. *Andrés Ruibal, a cuarta parte da veiga de "Fixó". Data: 1702, novembro, 14. *Bartolomé García e Juana Caneda, a veiga "Rabo do asno". Data: 1702, xullo, 03. *Juan e Domingo Piñeiro, catro leiras na veiga de Parada. Data: 1702, xullo, 05. *Francisco Bayón, "10 codos de ancho e outros tantos de longo". Data: 1706, marzo, 24. 34 follas. -- Documento 4. Copia da sentenza do Beneficio Curado de San Mamede de Amil no ano 1659, pertecente ao preito entre Amaro de Erosa e Juan da Costa, seu acumulado, dunha parte e da outra Bernardo de Barros e Baltasar de Pravia, tamén acumulado. Data:1706, xullo, 14-1706, xullo, 15. Santiago de Compostela. 7 follas. -- Documento 5. Memoria de doazóns e persoas que doaron para o Beneficio Curado de San Mamede de Amil. Inclúe peticións ou suplicas e autos de Francisco Ventura, no nome do Licenciado Don Benito de Ruibal Fariña, e de Francisco Antonio Ramos, en nome de Gerónimo Barros, en relación ao preito referido ao devandito beneficio curado. 1706, novembro, 03-1706, novembro, 12. 8 follas. -- Documento 6. Sentenza da Real Audiencia pola cal se concede a carta de título do Beneficio Curado de San Mamede de Amil ao Licenciado Don Benito Ruibal Fariña, tras o preito mantido entre este e o Licenciado Don Gerónimo de Barros. 1707, abril, 02-1707, maio, 13. Santiago de Compostela. 27 follas. Ademais, contén interrogatorio ás testemuñas presentadas polo Licenciado Benito de Ruibal, Don Antonio Fariña Docampo, reitor de San Pedro de Rebón, e Don Juan Álvarez de Ruibal no preito que manteñen co Licenciado Don Gerónimo de Baros e Don Bernardo Núñez pola colación e provisión do Beneficio Curado de San Mamede de Amil. S/D. 19 follas. -- Documento 7. Petición de Guillermo Fariña no preito referido ao Beneficio Curado de San Mamede de Amil. Inclúe certificacións e notificacións relacionadas. Data: 1757, decembro, 12. 6 follas. -- Documento 8. Carta de título do Beneficio Curado de San Mamede de Amil a favor do Licenciado Don Antonio de Verea y Aguiar. Inclúe petición de resolución negativa da apelación presentada contra o nomeamento de Don Antonio de Verea y Aguiar como posuidor do devandito título. Datas: 1758, xullo, 28-1759, xaneiro, 27. Santiago de Compsotela. 6 follas. -- Documento 9. Publicación impresa en latín coa lenda "RPD de Zelada Compostellana Parochialis" e na que se cita a Felipe de Verea y Aguiar e a José Varela de Novoa entre outros, en relación ao Beneficio Curado de San Mamede de Amil. Data: 1760, xullo, 04. Roma. 4 follas. -- Documento 10. Testamento codicilo e última vontade que dispuxo Don Antonio de Verea, cura de San Mamede de Amil á súa morte no 26 de xaneiro de 1810. Data: 1806, xullo, 11-1810. 10 follas -- Documento 11. Padroado de San Mamede de Amil. Documentos correspondentes á posesión, uso e aproveitamento que os curas reitores da Parroquía de San Mamede de Amil teñen das augas da fonte de Espino e outra que nace máis arriba a monte aberto, sobre que se lle intentou perturbar, como o franqueo do Camiño de Carro público, e xeral que por alí da tránsito á igrexa e luar da devandita parroquia. Data: 1815, xuño, 03. Couto de Amil. 6 follas. -- Documento 12. Título do Beneficio Curado de San Mamede de Amil expedido a favor de Don Pedro Velay a presentación de Don Benito Ramón Varela, dono da Casa de Buzaca. Inclúe a "acta" de posesión do cargo e a Profesión de fe e xuramento de lealdade (impreso en latín). Datas: 1818, marzo, 7-1818, abril, 08. 9 follas. -- Documento 13. Relación de debedores por efectos comprados na Almoeda de Anido? e Relación dos que pagan rendas por bens que foron de Don Pedro Velay, cura de Amil. Contén "pagarés". Datas: 1831, xullo, 20-1848, novembro, 13. 17 follas. -- Documento 14. Memorial dos patróns do Beneficio Curado de San Mamede de Amil presentados por parte do Licenciado Juan Piñeiro. Ademais contén un documento simple coa lenda "Patróns e troncos que saíron declarados por titulares no Beneficio Curado de San Mamede de Amil nas sentenzas dos anos seguintes: 1513-1707. S/D [posterior a 1707]. 29 follas. -- Documento 15. 26 árbores xenealóxicas, do curato de Amil e Rebón, iniciadas ou pertencentes a: *irmáns da Fonte. *Papeis pertencentes ao curato de Amil. Árbore xenealóxica de Rodrigo de Ruibal *Rodrigo Capón *Juan Blanco *Gregorio de Balboa *irmáns do Ruibal *Gregorio Almofrey *Alonso Almofrey *Rodrigo Capón *Alonso e Juan de Ruibal *María de Cosoirado e dos irmáns Blanco *Rodrigo de Barro e Juan de Sorrego *Aparicio de Caneda e Magdalena de Balboa *Constanza Crespo *Marcos de Ruibal *Juan de Sorrego e Mariña Fariña *Juan de Sorrego *Juan Davilla Coba *Juan de Balboa e Elena González *Irmáns de Balboa e Elena González *Rodrigo Almofrey *Juan de Loureiro *Pedro dos Santos *Papeis sobre o curato de Rebón. Árbores xenealóxicas de Alonso e Benito de Ruibal *Aparicio de Ruibal e Magdalena de Balboa Data: S/D. 26 follas -- Documento 16. Interrogatorio ou probanza ás testemuñas presentadas polo Licenciado Juan Álvaro de Ruibal, vicario de San Salvador de Camanzo, para o preito mantido co Licenciado Juan de Piñeiro, veciño de Amil, a respecto do Beneficio Curado de San Mamede de Amil. S/D. 20 follas. -- Documento 17. Probanza do Licenciado Juan de Pintos sobre o Beneficio Curado de San Mamede de Amil. S/D. 56 follas. -- Documento 18. Documentación relacionada cos interrogatorios realizados ás testemuñas presentadas polos opositores á posesión do Beneficio Curado de San Mamede de Amil. Contén varios interrogatorios diferentes a testemuñas achegadas por distintos candidatos. S/D. 79 follas.

  • Organizació

    Esta unidade documental está dividida en dezaoito agrupacións documentais.

Área de condicións de acceso e utilización

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación variado dado o volume documental.

Área de notas

  • Nota E09 - Otros : TESTIGO: 488, 493, 496, 497, 498, 499, 500, 501, 502, 503

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo da Buzaca. Familia Varela (Tema) (Creador)

Área de control da descrición