ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Papeis dos 18 troncos dos patróns do beneficio curado de San Martiño de Gargantáns e San Lourenzo de Moraña

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.23..2.1.34.367/4

  • Título Papeis dos 18 troncos dos patróns do beneficio curado de San Martiño de Gargantáns e San Lourenzo de Moraña

  • Data(s) 1549- 1681 (Creación)

  • Volume e soporte 25 documentos atados. 267 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo da Buzaca. Familia Varela(S.XV-S.XX) A familia Varela ten o seu primeiro solar en Galicia no val do Dubra da que procede a Casa de Quindimil. Dela saíron, probablemente no último terzo do século XVI, os Varela que se asentaron na xurisdición de Caldas de Reis, primeiro no pazo de Casalnovo, no actual concello de Caldas de Reis, e despois no da Buzaca no concello de Moraña. O primeiro Varela relacionado coa vila de Caldas de Reis é Jorge Varela, casado con Inés Vázquez Mosquera, señores da Casa de Quindimil en Palas de Rei. A partir de aquí empezan a entroncar coas familias Mariño de Goyanes e Lobeira, Sotomayor, Suárez de Deza, Riobó, Camaaño, etc. No XVII Pedro Varela de Dubra, casado en 1629 con Inés Mariño de Lobeira e Salnés, funda o vínculo sucesorio da Casa de Casalnovo. Sucédelle Benito Varela do Salnés (1630-1705),casado con Mª Antonia Caamaño. O seu fillo Pedro Diego foi cóengo doutoral da catedral de Tui. Emparenta cos López Ballesteros de Vilagarcía de Arousa. Séguelle Gómez Diego Varela Mariño. Diego Francisco Varela casa en 1718 con Andrea Josefa Verea Fariña, da Casa dos Fariña de So o Rego, que morre ao parir o seguinte sucesor José Varela de Verea (1720-1773), home de Rosalía Verea de Aguiar. Entre os seus fillos destacamos a Jacobo que foi morto nunha acción contra os franceses na ponte do Burgo de Pontevedra en 1809. Benito Ramón Varela de Verea y Aguiar (1754-1818) xuíz de Xeve e da xurisdición de Penaflor, será o sucesor. Segue Lorenzo Varela Sarmiento (1803-1860), deputado provincial polo partido de Caldas de Reis na primeira lexislatura da Deputación ata a súa morte e membro da Comisión de Armamento e Defensa creada a partir das Guerras Carlistas, ademais de Deputado a Cortes en entre 1847 e 1850. Morre sen descendencia. O seu irmán Jacobo (1805-1868) foi oficial do Arquivo da Secretaría de Estado e do Despacho de Facenda e Administrador xeral da renda de viños e licores en Filipinas. A Benito Varela de Torres, tamén Deputado provincial por Caldas de Reis en 1862-1863 e 1877-1880, tenente coronel de artillería, casado con Guadalupe de la Cerda, séguelle a súa filla Candelaria Varela de la Cerda (1867-1904) que casa co seu tío José Varela de Torres, tamén militar en Valladolid. Continúa o seu fillo Manuel Varela Varela (1901-1969), casado con Maria Demetria Victoria Paz García, cuxos fillos son os actuais propietarios do Pazo da Buzaca.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Beneficio curado de San Martiño de Gargantáns e o seu unido San Lourenzo de Moraña. Papeis dos 18 troncos dos patróns do beneficio dende 1549 a 1593. -- Vacante de 1681 pola morte de D. Juan Fariña. -- Doazón de Antonio e Fernán García. -- Tronco de Gonzalez da Fonte "el viejo", ao que pretende enteiramente D. Antonio Fariña polas presentacións dos seus descendentes e a de D. Benito Varela polas doazóns dalgúns feitas en favor dos seus causantes. -- Tronco de María Alonso de Cosoirado, ao que tamén pretende o devantido Fariña enteiramente pola mesma razón. -- Tronco de Teresa Pérez, ao que tamén pretende D. Antonio Fariña polas presentacións e doazóns. -- María de Aragunde articula posesión de presentar aos descendentes de Gregorio de Nobas, Rodrigo de Nobas, Isabel Trigo e Benita de Nobas, como fillos de Gregorio de Nobas e netos de María de Aragunde. -- Troncos pertencentes ás seguintes persoas: Marquesa de Vivel, muller de Juan Bruel; Juan de Novas; Juan do Rego; María do Barro; Gonzalo Balboa; Alonso do Souto; Marquesa de Almofrei; Aparicio de Bouzas; María de Couso; Gregorio Ferro; Antonio da Porta; Marcos da Porta; Aparicio Pérez; Fernando García de San Sidro; María Rodríguez. -- O curato de San Martiño de Gargantáns e San Lourenzo de Moraña é de Padroado segrar de legos alternativo entre D. Pedro Benito de Silva, presbítero, e uns irmáns e primos deste, con D. Diego Varela de Noboa como posuidor do seu morgado, co fin de presentar unha vacante os Silvas e outra o D. Diego Varela. -- Papeis dos beneficios de Gargantáns e Chozas.

Área de condicións de acceso e utilización

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Bordos das follas deteriorados. Algunhas páxinas dos documentos resultan practicamente ilexibles debido a fraxilidade do papel e ao gran nivel de deterioro, con roturas que provocaron a perda dunha parte importante do contido.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo da Buzaca. Familia Varela (Tema) (Creador)

Área de control da descrición