Fondos
34.367/6. Documentos varios sobre a vacante do beneficio curado de San Martiño de Gargantáns e o seu unido San Lourenzo de Moraña
Documentos varios sobre a vacante do beneficio curado de San Martiño de Gargantáns e o seu unido San Lourenzo de Moraña
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.23..2.1.34.367/6
Título Documentos varios sobre a vacante do beneficio curado de San Martiño de Gargantáns e o seu unido San Lourenzo de Moraña
Data(s) ca. 1549-ca. 1765 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente o agrupación documental. 51 follas
Área de contexto
Nome do produtor Pazo da Buzaca. Familia Varela(S.XV-S.XX) A familia Varela ten o seu primeiro solar en Galicia no val do Dubra da que procede a Casa de Quindimil. Dela saíron, probablemente no último terzo do século XVI, os Varela que se asentaron na xurisdición de Caldas de Reis, primeiro no pazo de Casalnovo, no actual concello de Caldas de Reis, e despois no da Buzaca no concello de Moraña. O primeiro Varela relacionado coa vila de Caldas de Reis é Jorge Varela, casado con Inés Vázquez Mosquera, señores da Casa de Quindimil en Palas de Rei. A partir de aquí empezan a entroncar coas familias Mariño de Goyanes e Lobeira, Sotomayor, Suárez de Deza, Riobó, Camaaño, etc. No XVII Pedro Varela de Dubra, casado en 1629 con Inés Mariño de Lobeira e Salnés, funda o vínculo sucesorio da Casa de Casalnovo. Sucédelle Benito Varela do Salnés (1630-1705),casado con Mª Antonia Caamaño. O seu fillo Pedro Diego foi cóengo doutoral da catedral de Tui. Emparenta cos López Ballesteros de Vilagarcía de Arousa. Séguelle Gómez Diego Varela Mariño. Diego Francisco Varela casa en 1718 con Andrea Josefa Verea Fariña, da Casa dos Fariña de So o Rego, que morre ao parir o seguinte sucesor José Varela de Verea (1720-1773), home de Rosalía Verea de Aguiar. Entre os seus fillos destacamos a Jacobo que foi morto nunha acción contra os franceses na ponte do Burgo de Pontevedra en 1809. Benito Ramón Varela de Verea y Aguiar (1754-1818) xuíz de Xeve e da xurisdición de Penaflor, será o sucesor. Segue Lorenzo Varela Sarmiento (1803-1860), deputado provincial polo partido de Caldas de Reis na primeira lexislatura da Deputación ata a súa morte e membro da Comisión de Armamento e Defensa creada a partir das Guerras Carlistas, ademais de Deputado a Cortes en entre 1847 e 1850. Morre sen descendencia. O seu irmán Jacobo (1805-1868) foi oficial do Arquivo da Secretaría de Estado e do Despacho de Facenda e Administrador xeral da renda de viños e licores en Filipinas. A Benito Varela de Torres, tamén Deputado provincial por Caldas de Reis en 1862-1863 e 1877-1880, tenente coronel de artillería, casado con Guadalupe de la Cerda, séguelle a súa filla Candelaria Varela de la Cerda (1867-1904) que casa co seu tío José Varela de Torres, tamén militar en Valladolid. Continúa o seu fillo Manuel Varela Varela (1901-1969), casado con Maria Demetria Victoria Paz García, cuxos fillos son os actuais propietarios do Pazo da Buzaca.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Beneficio curado de San Martiño de Gargantáns e o seu unido San Lourenzo de Moraña. Documentos varios sobre a vacante do beneficio curato: -- Alegato do licenciado D. Antonio Verea e acumulados ao beneficio de Gargantáns. -- Correspondencia do señor D. Benito Ramón Varela. -- Copia do alegato de contenda no preito beneficial de Gargantáns. -- Relación do que ha de ser compulsado da vacante de Gargantáns do ano de 1765 por morte de D. Pascual Antonio Ruibal, o seu último cura para o expediente de aprobación de doantes a D. Benito Varela. -- Razón do que se poderá compulsar do expediente de Gargantáns por mandato de D. Manuel Senra para o expediente do xuizo de insinuación e aprobación de D. Manuel. -- Razón do que haberá que compulsar polo xuízo de institución do beneficio de Gargantáns e Moraña. -- Razón do que se terá que compulsar da vacante de Gargantáns do ano de 1681 por morte de D. Juan Fariña, o seu último cura para o expediente de insinuación de donantes que ten D. Benito Varela.
Área de condicións de acceso e utilización
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Conservación regular con bordos deteriorados, con roturas e pérdida parcial de partes do documento. Follas de diversos tamaños.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo da Buzaca. Familia Varela (Tema) (Creador)