ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Documentación relacionada do preito referido ao Beneficio Curado de San Martiño de Gargantáns e San Lourenzo de Moraña

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.23..2.1.34.365/18

  • Título Documentación relacionada do preito referido ao Beneficio Curado de San Martiño de Gargantáns e San Lourenzo de Moraña

  • Data(s) 1738-ca.1770 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 21 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo da Buzaca. Familia Varela(S.XV-S.XX) A familia Varela ten o seu primeiro solar en Galicia no val do Dubra da que procede a Casa de Quindimil. Dela saíron, probablemente no último terzo do século XVI, os Varela que se asentaron na xurisdición de Caldas de Reis, primeiro no pazo de Casalnovo, no actual concello de Caldas de Reis, e despois no da Buzaca no concello de Moraña. O primeiro Varela relacionado coa vila de Caldas de Reis é Jorge Varela, casado con Inés Vázquez Mosquera, señores da Casa de Quindimil en Palas de Rei. A partir de aquí empezan a entroncar coas familias Mariño de Goyanes e Lobeira, Sotomayor, Suárez de Deza, Riobó, Camaaño, etc. No XVII Pedro Varela de Dubra, casado en 1629 con Inés Mariño de Lobeira e Salnés, funda o vínculo sucesorio da Casa de Casalnovo. Sucédelle Benito Varela do Salnés (1630-1705),casado con Mª Antonia Caamaño. O seu fillo Pedro Diego foi cóengo doutoral da catedral de Tui. Emparenta cos López Ballesteros de Vilagarcía de Arousa. Séguelle Gómez Diego Varela Mariño. Diego Francisco Varela casa en 1718 con Andrea Josefa Verea Fariña, da Casa dos Fariña de So o Rego, que morre ao parir o seguinte sucesor José Varela de Verea (1720-1773), home de Rosalía Verea de Aguiar. Entre os seus fillos destacamos a Jacobo que foi morto nunha acción contra os franceses na ponte do Burgo de Pontevedra en 1809. Benito Ramón Varela de Verea y Aguiar (1754-1818) xuíz de Xeve e da xurisdición de Penaflor, será o sucesor. Segue Lorenzo Varela Sarmiento (1803-1860), deputado provincial polo partido de Caldas de Reis na primeira lexislatura da Deputación ata a súa morte e membro da Comisión de Armamento e Defensa creada a partir das Guerras Carlistas, ademais de Deputado a Cortes en entre 1847 e 1850. Morre sen descendencia. O seu irmán Jacobo (1805-1868) foi oficial do Arquivo da Secretaría de Estado e do Despacho de Facenda e Administrador xeral da renda de viños e licores en Filipinas. A Benito Varela de Torres, tamén Deputado provincial por Caldas de Reis en 1862-1863 e 1877-1880, tenente coronel de artillería, casado con Guadalupe de la Cerda, séguelle a súa filla Candelaria Varela de la Cerda (1867-1904) que casa co seu tío José Varela de Torres, tamén militar en Valladolid. Continúa o seu fillo Manuel Varela Varela (1901-1969), casado con Maria Demetria Victoria Paz García, cuxos fillos son os actuais propietarios do Pazo da Buzaca.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Beneficio curado de San Martiño de Gargantáns e o seu unido San Lourenzo de Moraña. Título de D. Antonio García Dasilva, en data de 1593, antecesor de Juan Ferro, quen no preito sobre o Beneficio Curado de San Martiño de Gargantáns renunciou a favor do Linzanciado Juan Fariña. Contén: -- Documento 1. Razón dos titulares na sentenza do ano 1593. S/D -- Documento 2. Razón dos titulares do ano 1549. S/D -- Documento 3. Beneficial de San Martín de Gargantáns e San Lourenzo de Moraña. Sentenza do 1 de febreiro de1641; Sentenza de 1690; Sentenza confirmatoria da antecedente no ano de 1729; vacante de 1717 e auto de 1738 correlativo ás sentenzas de 1728 e confirmatoria de 1729. Data: 1738, xullo, 31. Santiago de Compostela. -- Documento 4. Sentenza pronunciada na vacante formada no ano 1747 por morte de Don Rosendo Ángel Verea que obtivera os beneficios por Bula de Graza da Súa Santidade e dada en 1752. -- Documento 5. Sentenza da vacante formada no ano de 1765 por morte de Don Pascual Antonio Ruibal pronunciada no ano de 1770 a favor de Don Mauel Senra. -- Documento 6. Escritura de concordia entre Don Pedro Varela de Dubra e Don Pedro da Silva, por sí e en nome de Don José Andiano, canónigo de Santiago, Don Miguel e Don Ignacio Andiano o 17 de xuño de 1668. Ademais contén escritura de ratificación de alternativa entre Don Benito Varela Salnés e Padro da Silva Garayzabal no 10 de xuño de 1673.

Área de condicións de acceso e utilización

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Boa conservación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo da Buzaca. Familia Varela (Tema) (Creador)

Área de control da descrición