ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Documentos de carácter relixioso

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.23..4.1.34.370/4

  • Título Documentos de carácter relixioso

  • Data(s) 1853 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 51 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo da Buzaca. Familia Varela(S.XV-S.XX) A familia Varela ten o seu primeiro solar en Galicia no val do Dubra da que procede a Casa de Quindimil. Dela saíron, probablemente no último terzo do século XVI, os Varela que se asentaron na xurisdición de Caldas de Reis, primeiro no pazo de Casalnovo, no actual concello de Caldas de Reis, e despois no da Buzaca no concello de Moraña. O primeiro Varela relacionado coa vila de Caldas de Reis é Jorge Varela, casado con Inés Vázquez Mosquera, señores da Casa de Quindimil en Palas de Rei. A partir de aquí empezan a entroncar coas familias Mariño de Goyanes e Lobeira, Sotomayor, Suárez de Deza, Riobó, Camaaño, etc. No XVII Pedro Varela de Dubra, casado en 1629 con Inés Mariño de Lobeira e Salnés, funda o vínculo sucesorio da Casa de Casalnovo. Sucédelle Benito Varela do Salnés (1630-1705),casado con Mª Antonia Caamaño. O seu fillo Pedro Diego foi cóengo doutoral da catedral de Tui. Emparenta cos López Ballesteros de Vilagarcía de Arousa. Séguelle Gómez Diego Varela Mariño. Diego Francisco Varela casa en 1718 con Andrea Josefa Verea Fariña, da Casa dos Fariña de So o Rego, que morre ao parir o seguinte sucesor José Varela de Verea (1720-1773), home de Rosalía Verea de Aguiar. Entre os seus fillos destacamos a Jacobo que foi morto nunha acción contra os franceses na ponte do Burgo de Pontevedra en 1809. Benito Ramón Varela de Verea y Aguiar (1754-1818) xuíz de Xeve e da xurisdición de Penaflor, será o sucesor. Segue Lorenzo Varela Sarmiento (1803-1860), deputado provincial polo partido de Caldas de Reis na primeira lexislatura da Deputación ata a súa morte e membro da Comisión de Armamento e Defensa creada a partir das Guerras Carlistas, ademais de Deputado a Cortes en entre 1847 e 1850. Morre sen descendencia. O seu irmán Jacobo (1805-1868) foi oficial do Arquivo da Secretaría de Estado e do Despacho de Facenda e Administrador xeral da renda de viños e licores en Filipinas. A Benito Varela de Torres, tamén Deputado provincial por Caldas de Reis en 1862-1863 e 1877-1880, tenente coronel de artillería, casado con Guadalupe de la Cerda, séguelle a súa filla Candelaria Varela de la Cerda (1867-1904) que casa co seu tío José Varela de Torres, tamén militar en Valladolid. Continúa o seu fillo Manuel Varela Varela (1901-1969), casado con Maria Demetria Victoria Paz García, cuxos fillos son os actuais propietarios do Pazo da Buzaca.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Papeis de tipo relixioso. -- Papa Pío 6º. En perpetua memoria. -- Recibos das misas e responsos que se aplican os domingos e o día do Patriarca S. José na capela desta casa da Buzaca. -- Recibos das misas que son ditas na capela de Nosa Señora do Socorro. -- Relación das escrituras e alleamentos de fundacións realizadas entre 1629 e 1708. -- Juan, presentero dunha capela, recorreu a Súa Santidade para a rebaixa de misas e licenza para que o capelán as puidese aplicar en calquera parte. A Súa Santidade mandou que o capelán saque a congrua e que o sobrante sexa aplicado en misas de cinco reais en calquera parte. -- Títulos eclesiásticos escritos en latín datados en 1849 e 1853. Tres exemplares. -- Sumario das facultades, indulxencias e gracias que o Papa Pío IX dignouse a conceder pola Bula da Santa Cruzada a tódolos fieis residentes nos reinos de España. Expedido para o ano de 1882. Publicación impresa en tamaño folio A3, con 4 copias. Documento pregado. -- Libros de fundacións de misas nas freguesías de: Santa Mariña de Carracedo, Santa Mariña de Arcos da Condesa (Caldas de Reis), Santo Tomé e Santa María de Caldas de Reis, Santa María de Baños (Cuntis).

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo da Buzaca. Familia Varela (Tema) (Creador)

Área de control da descrición