Fondos
34.373/1. Documentación pertencente ao Catastro do Marqués de la Ensenada
Documentación pertencente ao Catastro do Marqués de la Ensenada
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.23..5.3.34.373/1
Título Documentación pertencente ao Catastro do Marqués de la Ensenada
Data(s) 1752-06-23/1791-09-11 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 421 follas
Área de contexto
Nome do produtor Pazo da Buzaca. Familia Varela(S.XV-S.XX) A familia Varela ten o seu primeiro solar en Galicia no val do Dubra da que procede a Casa de Quindimil. Dela saíron, probablemente no último terzo do século XVI, os Varela que se asentaron na xurisdición de Caldas de Reis, primeiro no pazo de Casalnovo, no actual concello de Caldas de Reis, e despois no da Buzaca no concello de Moraña. O primeiro Varela relacionado coa vila de Caldas de Reis é Jorge Varela, casado con Inés Vázquez Mosquera, señores da Casa de Quindimil en Palas de Rei. A partir de aquí empezan a entroncar coas familias Mariño de Goyanes e Lobeira, Sotomayor, Suárez de Deza, Riobó, Camaaño, etc. No XVII Pedro Varela de Dubra, casado en 1629 con Inés Mariño de Lobeira e Salnés, funda o vínculo sucesorio da Casa de Casalnovo. Sucédelle Benito Varela do Salnés (1630-1705),casado con Mª Antonia Caamaño. O seu fillo Pedro Diego foi cóengo doutoral da catedral de Tui. Emparenta cos López Ballesteros de Vilagarcía de Arousa. Séguelle Gómez Diego Varela Mariño. Diego Francisco Varela casa en 1718 con Andrea Josefa Verea Fariña, da Casa dos Fariña de So o Rego, que morre ao parir o seguinte sucesor José Varela de Verea (1720-1773), home de Rosalía Verea de Aguiar. Entre os seus fillos destacamos a Jacobo que foi morto nunha acción contra os franceses na ponte do Burgo de Pontevedra en 1809. Benito Ramón Varela de Verea y Aguiar (1754-1818) xuíz de Xeve e da xurisdición de Penaflor, será o sucesor. Segue Lorenzo Varela Sarmiento (1803-1860), deputado provincial polo partido de Caldas de Reis na primeira lexislatura da Deputación ata a súa morte e membro da Comisión de Armamento e Defensa creada a partir das Guerras Carlistas, ademais de Deputado a Cortes en entre 1847 e 1850. Morre sen descendencia. O seu irmán Jacobo (1805-1868) foi oficial do Arquivo da Secretaría de Estado e do Despacho de Facenda e Administrador xeral da renda de viños e licores en Filipinas. A Benito Varela de Torres, tamén Deputado provincial por Caldas de Reis en 1862-1863 e 1877-1880, tenente coronel de artillería, casado con Guadalupe de la Cerda, séguelle a súa filla Candelaria Varela de la Cerda (1867-1904) que casa co seu tío José Varela de Torres, tamén militar en Valladolid. Continúa o seu fillo Manuel Varela Varela (1901-1969), casado con Maria Demetria Victoria Paz García, cuxos fillos son os actuais propietarios do Pazo da Buzaca.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido [Catastro do Marqués de la Ensenada. Reino de Galizia, Pronvicia de Santiago] Documentos relativos ás parroquias de San Martiño de Gargantáns e San Lourenzo de Moraña. Cotén: -- Documento 1. Copia compulsada do Persoal de Eclesiásticos de San Martiño de Gargantáns. Data: 1752, xuño, 23. Santa María de Portas. 4 follas. -- Documento 2. Copia compulsada do Persoal de Legos de San Lourenzo de Moraña. Data: 1752, xuño 23. Santa María de Portas. 9 follas. -- Documento 3. Copia compulsada do persoal de legos da fregeusíad e San Martiño de Gargantáns. Data: 1752, xuño, 23. Santa María de Portas.17 follas. -- Documento 4. Comprobación do Libro Real de Legos da parroquia de San Martiño de Garantáns. Data: 1761, abril, 10. San Martiño de Garganáns. 139 follas. -- Documento 5. Memoriais de bens pertencentes ás parroquias de San Lourenzo de Moraña, San Mamede de Amil, San Martiño de Gargantáns e Santa María de Cosoirado. Data: ca. 1761. 99 follas. -- Documento 6. Comprobación do Libro Mestres ou Libro Real de Legos de San Lourenzo de Moraña. Data, 1761, abril, 20. San Lourenzo de Moraña. 35 follas. -- Documento 7. Comprobación do Libro Real de Eclesiásticos de San Martiño de Gargantáns. Data: 1761, outubro, 14. San Martiño de Gargantáns. 4 follas. -- Documento 8. Interrogatorio e comprobación de San Lourenzo de Moraña. 1761, abril, 24. San Lourenzo de Moraña. 15 follas. -- Documento 9. Comprobacións do Libro de Legos de San Matiño de Gargantáns. 1761, outubro, 08. San Martiño de Gargantáns. 22 follas. -- Documento 10. Comprobación do Libro Real de Eclesiásticos de San Lourenzo de Moraña. Data: 1761, outubro, 10. San Lourenzo de Moraña. 5 follas. -- Documento 11. Repartimentos pertencentes á xurisdición de Peñaflor, provincia de Santiago. Data: 1771, decembro, 02-1771, decembro, 13. San Martiño de Gargantáns e San Lourenzo de Moraña. 11 follas. -- Documento 12. Relación de rendas de San Martiño de Gargantáns e San Lourenzo de Moraña. Data: 1791, setembro, 11. Santiago de Compostela. 3 follas. -- Documento 13. Relación de Misas de fundación, responsos, cera e aceite que teñen anualmente as parroquías de San Martiño de gargantáns e San Lourenzo de Moraña. Data: S/D [posterior a 1811]. 22 follas. -- Documento 14. Relación de naturais e forasteiros das parroquías sitas no actual concello de Moraña: San Lourenzo de Moraña, San Martiño de Gargantáns, San Mamede de Amil, Santa maría de Cosoirado e San Pedro de Rebón. Data: S/D. 4 follas. -- Documento 15. Arancel: dereitos que se deben levar na Audiencia Eclesiástica de Santiago por todos os Ministros e menores baixo pena de excomunión. Data: S/D. 4 follas. -- Documento 16. Relación ou memorial de rendas pertencentes a Don Diego Varela e seu pai. Data: S/D. 28 follas.
Organizació
Esta unidade documental está organizada en dezaseis agrupacións documentais numeradas, algunhas delas compostas, baixo criterio cronolóxico.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Os orixinais están custodiados no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Existencia e localización de copias Existe copia no Archivo General de Simancas, incluíndo unha copia microfilmada
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo da Buzaca. Familia Varela (Tema) (Creador)