ATOPO
Rexistros actuais: 1.638.797
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.521

Expediente de aproveitamento e conservación de montes en diversos concellos (1849)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.4.2.5.57/5

  • Título Expediente de aproveitamento e conservación de montes en diversos concellos (1849)

  • Data(s) 1849 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expedientes sobre aproveitamentos:

    Concello de Alba: Xunqueira [marisma] da Santiña ou A Gándara. Os veciños solicitan que siga sendo de aproveitamento comunal.

    Concello de Redondela. Cesantes, San Pedro: Ramón Goday solicita aproveitamento das augas da devesa nacional da Carballa.

    Concello de Redondela. Vilar de Infesta, San Martiño: solicitan que non se peche o monte común chamado Cobas.

    Concello de Salceda: Parderrubias, Santo Tomé. Os veciños solicitan que sexa de libre aproveitamento os montes comúns.

    Concello de Setados: Setados, Santa Uxía. Denuncia de substración de carballos na devesa de Medáns.

    Concello de Vigo: Freixeiro, Santo Tomé. Aproveitamento do monte do Castro. [ Moi deteriorado].

    Concellos de Gondomar e Tui: sobre acoutamento do monte Aloia para non danar a capela da súa cima.

Área de notas

  • Nota

Área de control da descrición