ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

TURISMO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.4.6

  • Título TURISMO

  • Data(s) 1715-2022 (Creación) 1715 - 2022 (Produción)

  • Volume e soporte 137 unidades de instalación con 520 agrupacións documentais en soporte papel na práctica totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Deputación de Pontevedra. Servizo de Turismo() Este servizo ten como obxectivo principal a promoción dos recursos e da infraestrutura turística do destino "Rías Baixas", a través de múltiples accións promocionais. Organización e realización de accións encamiñadas a atraer o turismo. Realización de accións e xestións tendentes a reforzar e mellorar a comunicación da imaxe de marca do destino "Rías Baixas". Edición directa ou en colaboración de información turística. Promoción do estudo da vida provincial na orde turística, ben directamente ou a través de distintos organismos especializados, e concreción con eles de accións de promoción e perfeccionamento de cantas profesións relaciónense co turismo, executando as accións precisas. Realización e promoción de estudos turísticos. Apoio á creación de centros comerciais abertos, consolidación dos existentes e creación de novos espazos nas cabeceiras de comarca. Apoio ó movemento asociativo comercial de base. Desenvolvemento de plans de actuacións urbanísticas e de equipamento comercial de apoio ós centros comerciais abertos (CCA). Formación e cualificación do sector comercial e, sobre todo, profesionalización do movemento asociativo e dos xestores dos centros comerciais urbanos. Colaboración cos concellos para crear equipos técnicos e servizos integrais de apoio ó sector comercial. Valoración, rehabilitación e conversión dos centros urbanos en peonís. Coordinación do labor nestes campos co ministerio competente, a Comunidade Autónoma de Galicia, outras provincias e outras entidades nacionais ou estranxeiras, tendente ó cumprimento das finalidades do servizo. Desenvolvemento de proxectos comunitarios que contribúan á creación de produto turístico así como á promo-comercialización deste. En xeral, cantos asuntos estean relacionados co turismo e sexan de interese para a provincia de Pontevedra (marca-destino "Rías Baixas").

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 2ª División de Sección está conformada por documentación varia referida ás actividades turísticas.

  • Organizació

    Esta 2ª División de Sección está formada por dúas series documentais, a saber:
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.4.6.- TURISMO:
    
    3.4.6.1.- Expedientes de fomento turístico (1935-2001).
    3.4.6.2.- Padroádego Provincial de Turismo (1985-2009).

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Turismo (Tema) (Creador)

Área de control da descrición