ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.263
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Padroado Provincial de Turismo

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.4.6.2

  • Título Padroado Provincial de Turismo

  • Data(s) 1715-2022 (Creación) 1715-00-00 - 2022-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 245 unidades de instalación con 1.200 agrupacións documentais en soporte papel na práctica totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Padroádego Provincial de Turismo "Rías Baixas"(1985-) Procedeuse á constitución da Fundación Pública denominada "Padroádego Provincial de Turismo Rías Baixas", os estatutos do cal, despois de seren sometidos a información pública foron aprobados de forma definitiva en sesión plenaria celebrada o día 30 de maio de 1985. O Padroádego réxese por unha Xunta Reitora que preside o titular da Deputación e da cal forman parte como vogais seis deputados provinciais elexidos polo Pleno e un representante de cada unha das seguintes entidades: > Centros de Iniciativas e Turismo da provincia > Asociacións Empresariais de Hostelaría > Asociación Provincial de Axencias de Viaxes > Sindicatos con implantación no gremio > Delegación Provincial de Pontevedra da Consellaría de Turismo, Mocedade e Deportes da Xunta de Galicia > Unha persoa natural ou, no seu caso, o representante da persoa xurídica que, polos seus servizos á provincia de Pontevedra, en materia de turismo, sexa elexido polos restantes membros da Xunta. Actuará como Secretario o da Deputación, ou funcionario de carreira en quen delegue. A realización das actividades propias da Fundación e a súa administración, correrán a cargo dun Administrador nomeado pola Xunta Reitora, mediante acordo adoptado por maioría absoluta, e que para ter plena executividade ten de ser ratificado polo Pleno. Como órgano de goberno, funciona un Consello Executivo permanente, constituído polo Presidente e dous vogais. Recentemente desaparece como organismo autónomo e créase como Servizo propio dentro da estrutura administrativa da Deputación.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Padroado Provincial de Turismo

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Padroádego Provincial de Turismo "Rías Baixas" (Tema) (Creador)

Área de control da descrición