Fondos
ES.GA.36038.ADPO.7.. INSTITUTO NACIONAL DE COLONIZACIÓN
-
3. Libro rexistro de saída de correspondencia do Instituto Nacional de Colonización
INSTITUTO NACIONAL DE COLONIZACIÓN
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.7.
Título INSTITUTO NACIONAL DE COLONIZACIÓN
Data(s) 1946-1966 (Creación) 1946-00-00 - 1966-00-00 (Produción)
Volume e soporte 22 unidades de instalación con 1.220 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.
Área de contexto
Nome do produtor Instituto Nacional de Colonización(1939-1966) O Instituto Nacional de Colonización nace por decreto do Ministerio de Agricultura en outubro de 1939 ó suprimirse o Instituto Nacional de Reforma Agraria. A Lei 27 de abril de 1946 amplía as disposicións anteriores, incidindo máis en atopar solucións ós pequenos problemas sociais do campo. Para facer realidade as disposicións de interese local levouse a cabo un convenio entre a Deputación e o Instituto Nacional de Colonización en 1955. Este convenio establece que os proxectos correrán a cargo da Xefatura Agronómica da provincia con persoal designado a proposta da Deputación. Tamén se compromete esta a concederlles préstamos a particulares e institucións delegando na Caixa de Aforros Provincial o exercicio dos dereitos e facultades e o cumprimento das obrigacións derivadas do convenio. No ano 1963 preténdese unha modificación do contrato que é rexeitada; houbo así mesmo outro intento de cambio relacionado coas funcións da Caixa de Aforros como organismo colaborador que tampouco acepta o Instituto. O convenio non foi revogado nin renunciou ningunha das partes pero deixou de funcionar por conxelación dos créditos e outros problemas en 1962. Este organismo tivo como obxectivo axudar ós agricultores e gandeiros con subvencións para regadíos, invernadoiros, galiñeiros, galpóns, silos e outras explotacións do ámbito rural.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Historia arquivística A función que a Deputación realizaba era principalmente administrativa, de tramitación e información, polo que cando a finais de 1962 o Instituto deixou de ser operativo, o xefe da unidade administrativa, Sr. Crespo Alfaya, que era ó mesmo tempo funcionario da Deputación, transferiu este fondo ó arquivo. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figueroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras e María Eugenia Valenzuela Senn.
Forma do ingreso Por transferencia.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Documentación de trámite sen maior interese histórico, comprende expedientes de tres clases: subvencións, anticipos e auxilios técnicos para pequenas obras no rural.
Valoración, selección e eliminación Non se practicaron expurgos. Conservación total polo carácter testimonial e informativo de dito organismo, e para o estudio económico da provincia.
Novos ingresos Fondo pechado
Organizació
Cun cadro de clasificación moi sinxelo organízase en catro series documentais ordenadas cronoloxicamente: INSTITUTO NACIONAL DE COLONIZACIÓN: 1.- Expedientes de subvencións (1955-1963). 2.- Expedientes de anticipos (1950-1966). 3.- Libro rexistro de saída de correspondencia (1955-1959). 4.- Lexislación (1946-1956).
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.
Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: bo.
Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 1.220 rexistros.
Área de documentación
Unidades de descrición relacionadas Este fondo compleméntase coa documentación xestada polo Servizo de Agricultura desta Deputación. Arquivo Histórico Provincial: os fondos foron transferidos pola Delegación Provincial de Agricultura. Arquivo Xeral da Administración de Alcalá de Henares: sección do Ministerio de Agricultura
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Instituto Nacional de Colonización (Tema) (Creador)