ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Escritura de venda outorgada por Sebastián e Juan Magariños a favor do bacheler Juan de Balboa e súa muller Teresa Ares

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.2.35.779/19

  • Título Escritura de venda outorgada por Sebastián e Juan Magariños a favor do bacheler Juan de Balboa e súa muller Teresa Ares

  • Data(s)

  • Volume e soporte 8 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Escritura de venda que fixeron Sebastián e Juan Magariños, veciños de Portas e de San Mamede de Silba respectivamente, ao bacheler Juan de Balboa e a súa muller Teresa Ares das dúas quintas partes da metade do lugar e casal de Escobar no que vive Juan Tato , o caseiro, e outra calquera parte da voz de Casal Vermúdez polo que lle paga dito Juan Tato unha rapada de pan e dúas escodillas de pan mediado. Ante: Alvaro Garcia Data: 1575,abril,24. Cambados Auto de posesión, ante Pedro de Brión, dado en San Xián de Romai o 4 de maio de 1575. [ Freguesía de San Xián de Romai. Concello de Portas. Provincia de Pontevedra] Conservación: boa

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)

Área de control da descrición