ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Copias de escrituras de venda outorgadas a Don Tomás Núñez de Onís por Juan Pérez e Alberto Carballo

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.2.35.779/26

  • Título Copias de escrituras de venda outorgadas a Don Tomás Núñez de Onís por Juan Pérez e Alberto Carballo

  • Data(s)

  • Volume e soporte 7 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de solicitude de Don Juan Bautista Núñez de Onís ante as autoridades competentes de Pontevedra para que lle den copias de dúas escrituras de venda que pasaron ante o escribán Don Antonio Martínez de la Peña, falecido, outorgadas a don Tomás Núñez de Onís e súa muller Agustina de Onís, veciños de Pontevedra, e que son: -Juan Pérez, sarxento e veciño da aldea de Vilavedra en Romai, vende toa a parte e quiñón da viña que chaman Tallo, por 22 ducados. Data: 1677,abril, 10. -Alberto Carballo, veciño de Romai, vende tres cabaduras de viña branca do monte chamado de Mourigán, por 46 ducados.Data: 1677,xuño, 3. Data: 1676, abril, 9. Pontevedra Testimonio, autos e informacións dadas polo alcalde de Pontevedra Don Antonio Gago de Mendoza y Sotomayor. Ante: Francisco de Fuentefría. Data: 1678,xaneiro,10. Pontevedra [ Freguesía de San Xián de Romai. Concello de Portas. Provincia de Pontevedra] Conservación: boa

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)

Área de control da descrición