ATOPO
Rexistros actuais: 1.638.816
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.521

Fondos

Testemuña dos autos do inventario de bens, efectos e alfaias pertencentes a Don Juan Antonio de Araujo Mariño de Lobera

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.2.1.35.779/46

  • Título Testemuña dos autos do inventario de bens, efectos e alfaias pertencentes a Don Juan Antonio de Araujo Mariño de Lobera

  • Data(s)

  • Volume e soporte 168 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Testemuño dos autos de inventario dos bens, efectos e alfaias pertencentes a Don Juan Antonio de Araujo Mariño de Lobera, falecido en 1792. Solicitado polo Sr. Conde de San Román, Marqués de Santa María del Villar, brigadier dos Reais Exércitos, e no seu nome Gonzalo Barciela y Lago, cura de Santa María do Campo, o seu apoderado.
    Propiedades e bens tasados:
    >Casa da Pedra da Auga, sita na freguesía de San Xurxo de Salceda, (Salceda de Caselas): inventario de 4 baúles e máis mobles. Escribán: Juan Antonio Ávila y La Cueva.
    >Casas de Pontevedra:
    Praza do Pescado: residencia da súa viuva Dona Juana Andrea de Losada y Gayoso; chamada Casa dos Mariños.
    Casa das Caras ou dos Barbeitos; sita na Praza da Ferreiría onde vive Roque Pérez Sarmiento, apoderado de Dona Joaquina de Aldao y Gayoso, herdeira.
    Casa e granxa de Campolongo ( San Martiño de Salcedo).
    >Casa e Torre de Quintáns en Santa María de Paradela ( Meis): Inventario dos bens, libros...Escribán: Francisco Xavier Varela Patiño.

    Data: 1808, agosto, 16. Pontevedra
    Ante: Miguel Vicente González



    Conservación: boa

Área de notas

  • Nota Numeración: Pedra da Auga ( folla 6-20 e 164-186) Torre Quintáns (follas 29-100 e 136-158) Casas de Pontevedra ( follas 21-29, 101-115, 123-131) Granxa de Campolongo ( follas 116-122)

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)

Área de control da descrición