Fondos
4. Documentos da Casa das Eiroas
-
12.922/4. Copia de provisión da Audiencia da Coruña, solicitada por Bastián Baliñas e Domingo López
-
12.922/5. Traslado público dunha sentenza entre Fernando Álvarez de Villamarín e Jerónimo López
-
12.922/6. Provisión da sentenza do pleito entre Juan de Noboa Villamarín e Juan Fernández del Río
-
12.922/8. Documento sobre dote que Suero de Villamarín prometeu a súa filla Catalina Rodríguez
-
12.922/9. Documento sobre preito contra Fernando Álvarez de Villamarín
-
12.923/4. Testamento de Luís Enríquez de Noboa Villamarín ante o escribán Juan de Neboeiro
-
12.923/5. Copia simple dunha transacción acerca da herdanza de Gregorio Villamarín
-
12.922/12. Documento sobre o movemento de preitos entre Juan Antonio de Verea e Domingo Garrido.
-
12.922/14. Documento sobre un pagamento que debe de facerse a Pedro González.
-
12.922/16. Documento sobre arrendamento da casa de Villamarín (Pedro Pardo de Villamarín).
-
12.922/18. Dote outorgada a Gómez de Moure e Ginebra de Deza por parte de Alonso de Deza.
-
12.922/19. Dote, testamento e declaración e relación de bens relativos á Casa das Eiroas.
-
12.922/20. Dispensa para o casamento de Gregorio Súarez e Susana Enríquez de Noboa.
-
12.922/23. Cartas de pagamento, contas e recibos de Juan de Noboa Villamarín.
-
12.922/26. Carta de dote outorgada a Erena Álvarez de Villamarín por Fernando Álvarez de Villamarín.
-
12.922/28. Obrigación de pagamento de Suero Sánchez de Villamarín a Fernando Álvarez de Villamarín.
-
12.922/29. Concesión do arrendo e beneficio de Santiago de Villamarín a Juan de Noboa Villamarín.
-
12.922/32. Obrigacións de pagamento de Domingo Pérez e Esteban de Villamarín y Noboa .
-
12.922/33. Carta de pagamento de Juan López de Villamarín a Inés de Cuniga e Julián de Villamarín.
-
12.922/35. Carta de pagamento de Fernando Álvarez de Villamarín ao doutor Settien.
-
12.922/36. Carta de pagamento outorgada por Juan (...) de Bóveda a Bastián Vázquez.
-
12.922/37. Carta de pagamento outorgada a Pedro Pardo de Villamarín por Juan de Noboa de Villamarín.
-
12.922/38. Carta de pagamento outorgada por Antonio Soto Araújo a Gregorio Suárez Villamarín.
-
12.922/41. Foro outorgado por Suero de Villamarín a Juan de Noboa de Villamarín.
-
12.922/42. Carta de foro outorgada por Juan de Noboa Villamarín a Juan Rodríguez e outro.
-
12.922/44. Memoria e inventario da prata de Fernando Álvarez de Villamarín.
-
12.922/45. Pagamento de Alonso Bujan para Suero Villamarín, de douscentos ducados.
-
12.922/48. Arranxo de contas que pertencían a Juan de Noboa de Villamarín.
-
12.922/52. Carta de poder outorgada por Suero de Villamarín a Fernando Álvarez de Villamarín.
-
12.922/53. Carta de poder outorgada por Rodrigo de Castro a Baptista de Vallejo.
-
12.922/56. Carta de poder outorgada a Juan de Noboa Villamarín por Bermondo Resta (?).
-
12.922/57. Carta de poder outorgada por Catalina Rodríguez o seu marido Juan do Río Sastre.
-
12.922/59. Carta de poder de Diego López outorgada a Francisco Sotelo de Noboa.
-
12.922/61. Licenza outorgada por Pedro Pardo de Villamarín á súa muller para un cobro.
-
12.922/67. Cédula do testamento de García Rodríguez de Castro.
-
12.923/10. Copia dunha carta de venda entre Luís Villamarín Sarmiento e Andrés Arias Carnaval
-
12.923/11. Copias da transacción e sinalización de alimentos a Antonio Villamarín y Sarmiento
-
12.923/12. Doazón de Esteban Villamarín a Fernando Villamarín
-
12.923/13. Doazón e agregación de Gregorio Suárez de Villamarín a Esteban de Villamarín
-
12.923/14. Copia dun ditame con vista do preito que disputaban Francisca e Juana Sarmiento
-
12.923/16. Memoria e minuta de trastos e alfaias que quedan na casa de Eiroas
-
12.923/17. Memoria, arrendamento, testamento e poder da Casa das Eiroas
-
12.923/18. Arrendamento que fixo Pedro Joseph de Zea Ozores Villamarín y Sarmiento a Blas de Themes
-
12.923/21. Escritura de fe sobre censo de pagadores de rendas a Inés de Çuñiga
-
12.923/22. Relación do millo prestado na casa de San Cristóbal de Briallos
-
12.923/23. Memoria dos patróns do beneficio de Santa María de Çela
-
12.923/24. Copia da escritura de doazón de beneficio a Diego Ozores de Castro
-
12.923/25. Demanda do mosteiro de San Clodio a Juan de Baamonde por cobro de rendas
-
12.923/26. Documentación sobre presentación do beneficio de San Juan de Barcela a Gregorio Francisco
-
12.923/27. Copia da transacción en relación a un preito sobre bens e rendas da Casa das Eiroas.
-
12.923/30. Testemuña da conta orixinal dada por Francisco Herbes ao señor Jerónimo Malvar
-
12.923/35. Provisión sobre a disputa entre Julián con Julián Malvar e José María Reinoso
Documentos da Casa das Eiroas
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.8..4
Título Documentos da Casa das Eiroas
Data(s) 1512-1877 (Creación) 1584-00-00 - 1857 (Produción)
Volume e soporte 2 unidades de instalación con 110 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.
Área de contexto
Nome do produtor Familia Malvar. Palacete de Salcedo(S.XVI-S.XIX) Documentación relacionada cos antepasados da familia Malvar, propietaria do palacete de Salcedo. Esta propiedade foi adquirida pola Deputación para instalar a Misión Biolóxica e, posteriormente cedeulla ó Consejo Superior de Investigaciones Científicas. O Arquivo da familia Malvar é a colección documental referida a esta destacada familia pontevedresa. Entre os seus antepasados máis ilustres destacan figuras como a do Arcebispo Sebastián Malvar e Pinto ou a do Conde Julián Malvar. A liñaxe desenvolveuse ao redor do Palacete de Salcedo nos arredores da cidade de Pontevedra. Formase o Arquivo no Pazo dá Carballeira do Gandarón, na parroquia pontevedresa de Salcedo, aínda que ten a súa orixe na política matrimonial seguida polo territorio galego entre os membros de distintas familias que acaban formando parte da liñaxe dos Malvar. A evolución histórica fará que todos estes fondos, procedentes do catro provincias galegas, terminen no propio arquivo familiar, despois da unión de dúas dos seus descendentes: o primeiro deles, o casamento entre o Sr. D. Julián Malvar e Pinto e a Sra. Dª. Josefa Taboada Texeda, que vén acompañada do fondo documental das Casas do Periscal, de Regodeigón, da Touza, de Noia, de Vilerma, de Baiona, das Eiroas e de Ramiráns. O segundo matrimonio, froito da unión entre o Sr. D. Jerónimo Malvar e Taboada e a Sra. Dª María del Carmen da Maza, incorpora ao patrimonio familiar a documentación das Casas de Barrantes, ou Porto e Toiriz. Ou arquivo da familia Malvar contén unha importante información socioeconómica, xa que ao ser un fondo familiar permite trazar unha completa paisaxe das condicións de vida da Galicia que vai desde o século XVI a principios do século XX, tendo especial consideración as destacadas figuras individuais que afloran nesta liñaxe: o Arcebispo Sebastián Malvar e Pinto, o Sr. D. Julián Malvar e Pinto, Conde de Malvar, así como outros descendentes que ocuparon importantes cargos no ámbito militar, relixioso e político
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén basicamente documentación relacionada coa evolución familiar, co cobro de rendas e coas propiedades da familia na casa das Eiroas. Ten grande importancia histórica para estudiar as xenealoxías e a historia económica dos séculos XVI e XVII coa súa complicada rede de aproveitamento e xestión.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Familia Malvar. Palacete de Salcedo (Tema) (Creador)