ATOPO
Rexistros actuais: 1.187.557
Obxectos dixitais dispoñibles: 427.119

Fondos

ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE COVELO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36013.AXP.COV.

  • Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE COVELO

  • Data(s) 1870-1992 (Creación) 1870-00-00 - 1992-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 92 unidades de instalación con 264 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de paz de Covelo(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Covelo no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial da Cañiza, no que se mantén ó longo de todo este tempo ata a supresión deste no ano 1965 pasando a integrarse no de Ponteareas. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando integrado no xulgado comarcal da Cañiza dende o ano 1945 ata o 1953.

  • Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Covelo

  • Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na planta baixa da casa do concello ocupando unha superficie de 20 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 16 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 1992, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por María del Carmen Pereira Pazos e María Teresa Túñez Landín.

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1891, criminal dende 1914 e gobernativa dende 1880, ou de eleccións dende 1931. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organización

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- REXISTRO CIVIL
    
    1.1.- Correspondencia
    1.2.- Nacementos
    1.3.- Matrimonios
    1.4.- Defuncións
    1.5.- Adopcións e recoñecemento de fillos
    1.6.- Consello de Familia
    1.7.- Nacionalidade
    1.8.- Libros de familia
    
    2.- XULGADO
    
    2.1.- Administración
    2.2.- Asuntos civís
    2.3.- Asuntos criminais
    2.4.- Asuntos gobernativos
    2.5.- Eleccións
    2.6.- Comunidades de Montes

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • Características físicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes...)

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Covelo, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias XUSTIZA Xurisdición Xulgado Xulgado de paz

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Covelo

  • Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Covelo (Tema) (Creador)

Área de control da descrición

  • Identificador da institución DEPO00200002452