ATOPO
Rexistros actuais: 1.187.557
Obxectos dixitais dispoñibles: 427.119

Fondos

ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DO GROVE

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36022.AXP.GRO.

  • Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DO GROVE

  • Data(s) 1871-2002 (Creación) 1871-00-00 - 2001-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 164 libros do rexistro civil e 123 unidades de instalación con 832 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de paz do Grove(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil do Grove no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial da Cambados, no que se mantén ó longo de todo este tempo. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando no xulgado comarcal de Cambados dende o ano 1945 ata o 1953.

  • Institución arquivística Arquivo xulgado de paz do Grove

  • Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na primeira planta dun local propio ocupando unha superficie de 120 m2 e nun local de 10 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 34 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Iria Jauregui Carrasco e Victoria Hortas Porto.

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1891, criminal dende 1923 e gobernativa dende 1873, ou de eleccións dende 1951. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organización

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1. REXISTRO CIVIL
    
    1.1. CORRESPONDENCIA 1945-2001 8
    1.2. NACEMENTOS 1871-2001 108
    1.3. MATRIMONIOS 1871-2001 50
    1.4. DEFUNCIÓNS 1871-2001 60
    
    1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1904-2000 2
    1.6. CONSELLO DE FAMILIA 1926-1942 1
    1.7. NACIONALIDADE 1871-2001 2
    
    2. XULGADO
    
    2.1. ADMINISTRACIÓN 1901-2000 18
    2.2. ASUNTOS CIVÍS 1891-2001 28
    2.3. ASUNTOS CRIMINAIS 1923-2000 14
    2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1873-2001 31
    2.5. ELECCIÓNS 1951-2001 5

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • Características físicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes...)

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal do Grove, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias XUSTIZA Xurisdición Xulgado Xulgado de paz

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Grove, O

  • Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz do Grove (Tema) (Creador)

Área de control da descrición

  • Identificador da institución DEPO00200006117