Fondos
ES.GA.36020.AXP.AGO.. ARQUIVO XULGADO DE PAZ DE AGOLADA
ARQUIVO XULGADO DE PAZ DE AGOLADA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36020.AXP.AGO.
Título ARQUIVO XULGADO DE PAZ DE AGOLADA
Data(s) 1868-1999 (Creación) 1868-00-00 - 1999-00-00 (Produción)
Volume e soporte 80 unidades de instalación con 273 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de paz de Agolada(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Agolada no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Lalín, no que se mantén ó longo de todo este tempo. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, integrándose no xulgado comarcal de Rodeiro dende o ano 1945 ata o 1953.
Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Agolada
Historia arquivística O arquivo do xulgado ubícase na segunda planta da casa do concello, nun local dunha superficie total de 20 m2.Nela disponde unha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 22 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Inés Pájaro Porral.
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1868, criminal dende 1878 e gobernativa dende 1873. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa depor si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións
Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.
Organizació
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1.- REXISTRO CIVIL 1.1.- Correspondencia 1.2.- Nacementos 1.3.- Matrimonios 1.4.- Defuncións 1.5.- Adopcións e recoñecemento de fillos 1.6.- Consello de Familia 1.7.- Nacionalidade 1.8.- Libros de familia 2.- XULGADO 2.1.- Administración 2.2.- Asuntos civís 2.3.- Asuntos criminais 2.4.- Asuntos gobernativos 2.5.- Eleccións 2.6.- Comunidades de Montes
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de carácter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
Instrumentos de descrición Guía, cadro de clasificación e inventario somero en papel.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes...)
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Agolada, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Ãrea de notas
Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Xulgado de paz España Galicia Pontevedra Agolada
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Agolada
Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Agolada (Tema) (Creador)