ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.601
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.666

Fondos

ARQUIVO XULGADO DE PAZ DE MEAÑO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36027.AXP.MEA.

  • Título ARQUIVO XULGADO DE PAZ DE MEAÑO

  • Data(s) 1818-1997 (Creación) 1818-00-00 - 1997-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 74 unidades de instalación con 150 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de paz de Meaño(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Meaño Grove no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial da Cambados, no que se mantén ó longo de todo este tempo. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando no xulgado comarcal de Sanxenxo dende o ano 1945 ata o 1953.

  • Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Meaño

  • Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na planta baixa da casa do concello ocupando unha superficie de 12 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 12 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 1997, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Cristina Villaverde Ruibal e Esther Fernández Pérez.

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1946, criminal dende 1946 e gobernativa dende 1818, ou de eleccións dende 1945. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1. REXISTRO CIVIL
    
    1.1. CORRESPONDENCIA 1945-1997 3
    1.2. NACEMENTOS 1945-1997 38
    1.3. MATRIMONIOS 1946-1997 23
    1.4. DEFUNCIÓNS 1946-1997 16
    
    1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1944-1995 1
    1.6. CONSELLO DE FAMILIA 1954-1956 1
    1.7. NACIONALIDADE 1946-1996 2
    
    2. XULGADO
    
    2.1. ADMINISTRACIÓN 1946-1997 20
    2.2. ASUNTOS CIVÍS 1946-1997 15
    2.3. ASUNTOS CRIMINAIS 1946-1993 7
    2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1818-1997 10
    2.5. ELECCIÓNS 1945-1997 8
    2.6. COMUNIDADE DE MONTES 1986-1987 1

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Meaño, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias XUSTIZA Xurisdición Xulgado Xulgado de paz

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Meaño

  • Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Meaño (Tema) (Creador)

Área de control da descrición