Fondos
ES.GA.36032.AXP.MOR.. ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE MORAÑA
ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE MORAÑA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36032.AXP.MOR.
Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE MORAÑA
Data(s) 1870-2011 (Creación) 1870-00-00 - 2011-00-00 (Produción)
Volume e soporte 151 libros do rexistro civil e 86 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, descritos en 643 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de paz de Moraña(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Moraña no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Caldas de Reis ata a súa supresión en 1965, pasando a integrarse no de Pontevedra e logo en 1983 no de Vilagarcía de Arousa. No ano 1988 coa reposición do partido xudicial de Caldas de Reis volve a integrarse neste. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con categoría de xulgado comarcal dende o ano 1945 ata o 1953, comprendendo os xulgados de paz de Campo Lameiro e Cuntis.
Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Moraña
Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na mesma edificación do arquivo municipal. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 12 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2000, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Manuela González Rei e Cristina Peleteiro Gallego. Posteriormente no ano 2005 e 2009 reincorporanse os fondos dos últimos anos, por Iria Chaves Moledo, Isabel Balchada Bermúdez, Alfonso Gómez Martín y María Lede Pérez. No ano 2012 incorporaron fondos Francisco Orge Ventín e Ollala Barreiro Molano.
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1908, criminal dende 1908 e gobernativa dende 1905, ou de eleccións dende 1908. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.
Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1. REXISTRO CIVIL 1.1. CORRESPONDENCIA 1900-1999 6 1.2. NACEMENTOS 1871-2000 77 1.3. MATRIMONIOS 1870-2007 40 1.4. DEFUNCIÓNS 1871-2000 55 1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1902-1998 2 1.6. CONSELLO DE FAMILIA 1910-1997 2 1.7. NACIONALIDADE 1989-2007 2 2. XULGADO 2.1. ADMINISTRACIÓN 1911-2007 11 2.2. ASUNTOS CIVÍS 1908-2007 18 2.3. ASUNTOS CRIMINAIS 1908-2007 12 2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1905-1994 14 2.5. ELECCIÓNS 1908-2008 8 2.6. COMUNIDADES DE MONTES 1981-1989 1
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
Características físicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Moraña, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias XUSTIZA Xurisdición Xulgado Xulgado de paz
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Moraña
Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Moraña (Tema) (Creador)
Área de control da descrición
Identificador da institución DEPO00200013608