Fondos
2. DOCUMENTOS DE CARÁCTER SEÑORIAL
DOCUMENTOS DE CARÁCTER SEÑORIAL
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.10..2
Título DOCUMENTOS DE CARÁCTER SEÑORIAL
Data(s) 1507-1857 (Creación) 1507-00-00 - 2018-05-14 (Produción)
Volume e soporte 60 unidades de instalación con 235 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.
Área de contexto
Nome do produtor Familia Caamaño(S.XIV-S.XIX) A liñaxe dos Caamaño arranca na casa troncal de Noia, segundo o padre Crespo, con noticias coñecidas dende mediados do século XII. A primeira separación importante prodúcese con D. Álvaro de Caamaño, fundador da casa de Romelle no actual concello de Zas, á que corresponde a maior parte deste fondo. Posteriormente incorpórase a casa de Goiáns, os sucesores da cal crearán a casa de Ferrol, tendo algúns deles vínculos coa Armada. A partir do tronco inicial xorden as casas de Vista Alegre e Rubiáns co marquesado de Vilagarcía, acumulados por Don Álvaro de Mendoza, que será obxecto dun longo preito pola súa posesión. O morgado de Nebra foi fundado en 1524 e vai ter como agregados os de Noal, Baroña, Queiruga, Oleiros, Ribasieira e Caamaño. Por último, os Caamaño entroncan coa familia Pardo herdando o condado de Maceda xa no século XIX.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Documentación resultante dos privilexios detentados pola familia Caamaño en diferentes lugares: nomeamento de cargos, beneficios, morgados, fundacións, títulos, etc.
Organizació
Esta sección inclúe as seguintes series: 2.- DOCUMENTOS DE CARÁCTER SEÑORIAL: 2.1.- Beneficios (1507-1842). 2.2.- Nomeamentos de cargos (1567-1855). 2.3.- Fundacións (1511-1843). 2.4.- Morgados (1561-1815). 2.5.- Bulas (1675-1834). 2.6.- Títulos (1626-1816).
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Familia Caamaño (Tema) (Creador)