ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

Fondos

ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE RODEIRO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36047.AXP.ROD.

  • Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE RODEIRO

  • Data(s) 1862-2002 (Creación) 1862-00-00 - 2002-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 172 libros do rexistro civil e 155 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, descritos en 2.026 rexistros

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de paz de Rodeiro(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Rodeiro no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Lalín, no que se mantén ó longo de todo este tempo. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con categoría de xulgado comarcal dende o ano 1945 ata o 1953, comprendendo o xulgado de paz de Agolada.

  • Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Rodeiro

  • Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na primeira planta da casa de oficios ocupando unha superficie de 150 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 30 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Eva González Rodríguez e Álvaro Rodríguez Cid.

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1862, criminal dende 1895 e gobernativa dende 1871, ou de eleccións dende 1907. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1. REXISTRO CIVIL
    
    1.1. CORRESPONDENCIA 1898-2001 12
    1.2. NACEMENTOS 1871-2000 91
    1.3. MATRIMONIOS 1872-2001 62
    1.4. DEFUNCIÓNS 1871-2000 77
    
    1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1904-2001 2
    1.6. CONSELLO DE FAMILIA 1894-1954 1
    1.7. NACIONALIDADE 1871-2001 3
    
    2. XULGADO
    2.1. ADMINISTRACIÓN 1884-2001 18
    2.2. ASUNTOS CIVÍS 1862-2000 44
    2.3. ASUNTOS CRIMINÁIS 1895-2002 22
    2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1871-2001 28
    2.5. ELECCIÓNS 1907-1997 13

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Rodeiro, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias XUSTIZA Xurisdición Xulgado Xulgado de paz

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Rodeiro

  • Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Rodeiro (Tema) (Creador)

Área de control da descrición