Fondos
ES.GA.36048.AXP.ROS.. ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DO ROSAL
ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DO ROSAL
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36048.AXP.ROS.
Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DO ROSAL
Data(s) 1857-2008 (Creación) 1857-00-00 - 2008-00-00 (Produción)
Volume e soporte 113 libros do rexistro civil e 148 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, descritos en 1.935 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de paz do Rosal(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil do Rosal no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial da Tui, no que se mantén ó longo de todo este tempo. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando integrado no xulgado comarcal de A Guarda dende o ano 1945 ata o 1953.
Institución arquivística Arquivo xulgado de paz do Rosal
Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na primeira planta da casa do concello ocupando unha superficie de 18 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 20 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 1991 e 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Carina Fernández Faya, Eva González Rodríguez e Álvaro Rodríguez Cid.
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1864, criminal dende 1872 e gobernativa dende 1863, ou de eleccións dende 1873. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental
Organizació
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1. REXISTRO CIVIL 1.1. CORRESPONDENCIA 1870-2008 11 1.2. NACEMENTOS 1871-2008 62 1.3. MATRIMONIOS 1870-2008 47 1.4. DEFUNCIÓNS 1871-2008 66 1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1875-2005 3 1.6. CONSELLO DE FAMILIA 1894-1947 1 1.7. NACIONALIDADE 1916-2008 4 2. XULGADO 2.1. ADMINISTRACIÓN 1870-2008 21 2.2. ASUNTOS CIVÍS 1864-2008 30 2.3. ASUNTOS CRIMINÁIS 1872-2008 23 2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1863-2008 24 2.5. ELECCIÓNS 1873-2007 13 2.6. COMUNIDADE DE MONTES 1984-1989 1
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal do Rosal, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Ãrea de notas
Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Xulgado de paz España Galicia Pontevedra Rosal, O
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Rosal, O
Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz do Rosal (Tema) (Creador)