Fondos
1.191/58. Documentos relacionados co curado de San Mamede de Moman (1611-1832)
Documentos relacionados co curado de San Mamede de Moman (1611-1832)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.10..2.1.1.191/58
Título Documentos relacionados co curado de San Mamede de Moman (1611-1832)
Data(s) 1611-1832 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 101 páxinas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Documentos relacionados co curado de San Mamede de Moman o cal pertence ao morgado de Codesido. 1- Dúas cartas de Ramon Landó Montenegro a D. Rafael Caamaño propóndolle nunha delas, a Benito María Lindìn como cura para dito curato e na outra, agradece dito nomeamento. Ano 1831. 2- Diferentes cartas entre Benito Mª Lindín e Rafael Caamaño Pardo relacionadas co curato de San Mamede e coa igrexa. 1832 3. Traslado de escritura de doazón de Juan Martinez de Tardande a Bastián Preto, clérigo, da terceira parte da presentación do beneficio de San Mamede de Momán e enteiramente da da capela de San Miguel, sita nas Ermidas de Tardande no ano 1562. 1581, xaneiro, 8. 4. Contrato entre Pedro Rouco e Pedro Martínez, escribáns, de non presentar o un sen o outro a parte da presentación do beneficio de S. Mamede e enteraimente da capela de S. Miguel en Tardade. 1585, agosto, 7. 5. Título sinxelo do beneficio curado de Labrada e Momán expedido a favor do licenciado Alonso Esteban. 1611, novembro, 3. Mondoñedo. 6. Doazón de Domingo Diaz ao capitán Juan Copeiro Parga, señor de Codesido, dun cuarto enteiramente da presentación do beneficio curado de S. Mamede de Momán. 1632, maio, 9. Vilalba. 7. Doazón de Maria Copeira ao Capitán Juan Copeiro y Parga da terceira parte dun octavo da presentación do dito beneficio. 1645. 8. Carta do bispo de Mondoñedo a Vicente Caamaño Gayoso sobre o dereito de presentación do curato de Momán e Labrada, acompañada de Contas. 1764. 9. Poderes relativos ao beneficio de Momán e Labrada. 1775 10. Solicitude do Conde de Maceda para que, como patrono, se lle dea sentenza do preito sobre o beneficio curado de San Mamede de Momán. 1810. 11. Testemuño sobre que o curato de Momán, San Xulián de Cazás e Santa Eulalia de Burgas, todos no bispado de Mondoñedo, son do Conde de Maceda Juan José Caamaño Pardo e pertencentes ao seu morgado de Codesido o Ferreira. 1813
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Familia Caamaño (Tema)