Fondos
ES.GA.36003.AXP.BAI.. ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE BAIONA
ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE BAIONA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36003.AXP.BAI.
Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE BAIONA
Data(s) 1870-2002 (Creación) 1870-00-00 - 2002-00-00 (Produción)
Volume e soporte 77 unidades de instalación con 522 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de paz de Baiona(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Baiona no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Vigo, no que se mantén ó longo de todo este tempo. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, integrándose no xulgado comarcal de Nigrán dende o ano 1945 ata o 1953.
Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Baiona
Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase nun local propio ocupando unha superficie total de 80 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 13 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Iria Jauregui Carrasco e Victoria Hortas Porta.
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1930, criminal dende 1950 e gobernativa dende 1950, ou de eleccións dende 1979. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.
Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1.- REXISTRO CIVIL 1.1.- Correspondencia 1.2.- Nacementos 1.3.- Matrimonios 1.4.- Defuncións 1.5.- Adopcións e recoñecemento de fillos 1.6.- Consello de Familia 1.7.- Nacionalidade 1.8.- Libros de familia 2.- XULGADO 2.1.- Administración 2.2.- Asuntos civís 2.3.- Asuntos criminais 2.4.- Asuntos gobernativos 2.5.- Eleccións 2.6.- Comunidades de Montes
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
Características físicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes...)
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Baiona, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias XUSTIZA Xurisdición Xulgado Xulgado de paz
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Baiona
Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Baiona (Tema) (Creador)
Área de control da descrición
Identificador da institución DEPO00200027634