ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

Fondos

ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE SALVATERRA DE MIÑO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36050.AXP.SALV.

  • Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE SALVATERRA DE MIÑO

  • Data(s) 1848-2002 (Creación) 1841-00-00 - 2002-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 129 libros do rexistro civil e 73 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, descritos en 858 rexistros

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de paz de Salvaterra de Miño(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Salvaterra de Miño no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Ponteareas, no que se mantén. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con categoría de xulgado comarcal dende o ano 1945 ata o 1953, comprendendo o xulgado de paz das Neves.

  • Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Salvaterra de Miño

  • Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na primeira planta dun edificio propio ocupando unha superficie de 120 m2 e nun edificio cunha superficie total de 12 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 12 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Carmen Pérez Larrán e María Herminia Martínez Pereira.

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1864, criminal dende 1962 e gobernativa dende 1914, ou de eleccións dende 1989. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1. REXISTRO CIVIL
    
    1.1. CORRESPONDENCIA 1988-2001 5
    1.2. NACEMENTOS 1914-2001 79
    1.3. MATRIMONIOS 1914-2001 35
    1.4. DEFUNCIÓNS 1914-2001 51
    
    1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1988-1997 1
    1.6. CONSELLO DE FAMILIA
    1.7. NACIONALIDADE 1925-1996 2
    
    2. XULGADO
    2.1. ADMINISTRACIÓN 1915-2001 28
    2.2. ASUNTOS CIVÍS 1864-2001 19
    2.3. ASUNTOS CRIMINÁIS 1962-1992 3
    2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1914-2001 12
    2.5. ELECCIÓNS 1989-2000 3
    2.6. COMUNIDADE DE MONTES 1986-1889 1

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Salvaterra de Miño, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias XUSTIZA Xurisdición Xulgado Xulgado de paz

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Salvaterra de Miño

  • Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Salvaterra de Miño (Tema) (Creador)

Área de control da descrición