ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

Fondos

ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE TOMIÑO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36054.AXP.TOM.

  • Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE TOMIÑO

  • Data(s) 1871-2002 (Creación) 1870-00-00 - 2002-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 208 libros do rexistro civil e 91 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, descritos en 662 rexistros

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de paz de Tomiño(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Tomiño no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Tui, no que se mantén. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con categoría de xulgado comarcal dende o ano 1945 ata o 1953.

  • Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Tomiño

  • Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase nun local propio ocupando unha superficie de 90 m2 e nun local de 8 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 32 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Iria Jauregui Carrasco e Victoria Hortas Porto.

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa depor si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1. REXISTRO CIVIL
    
    1.1. CORRESPONDENCIA 1933-2001 9
    1.2. NACEMENTOS 1871-2002 120
    1.3. MATRIMONIOS 1870-2002 56
    1.4. DEFUNCIÓNS 1871-2001 79
    
    1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1910-2000 2
    1.6. CONSELLO DE FAMILIA 1921-1974 1
    1.7. NACIONALIDADE 1913-2001 4
    
    2. XULGADO
    2.1. ADMINISTRACIÓN 1924-2001 9
    2.2. ASUNTOS CIVÍS 1881-2002 19
    2.3. ASUNTOS CRIMINÁIS 1919-1995 18
    2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1880-2001 21
    2.5. ELECCIÓNS 1991-2001 3
    2.6. COMUNIDADE DE MONTES 1980-1987 1

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Tomiño, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias XUSTIZA Xurisdición Xulgado Xulgado de paz

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Tomiño

  • Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Tomiño (Tema) (Creador)

Área de control da descrición