Fondos
ES.GA.36056.AXP.VAL.. ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE VALGA
ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE VALGA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36056.AXP.VAL.
Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE VALGA
Data(s) 1862-2002 (Creación) 1862-00-00 - 2002-00-00 (Produción)
Volume e soporte 139 libros do rexistro civil e 68 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, descritos en 337 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de paz de Valga(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Valga no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Caldas de Reis ata a súa supresión en 1965, pasando a integrarse no de Pontevedra e logo, en 1983, no de Vilagarcía de Arousa. No ano 1988, coa reposición do partido xudicial de Caldas de Reis, volve a integrarse neste. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con categoría de xulgado comarcal dende o ano 1945 ata o 1953, comprendendo os xulgados de paz de Catoira e Pontecesures.
Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Valga
Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na planta baixa da casa do concello ocupando unha superficie de 40 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 10 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Iria Jauregui Carrasco e Victoria Hortas Porto.
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1945, criminal dende 1980 e gobernativa dende 1960, ou de eleccións dende 1989. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.
Organizació
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1. REXISTRO CIVIL 1.1. CORRESPONDENCIA 1961-2000 2 1.2. NACEMENTOS 1872-2001 74 1.3. MATRIMONIOS 1877-2002 35 1.4. DEFUNCIÓNS 1871-2001 47 1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1965-2001 1 1.6. CONSELLO DE FAMILIA 1.7. NACIONALIDADE 1985-2002 1 1.8. LIBROS DE FAMILIA 1940-1998 2 2. XULGADO 2.1. ADMINISTRACIÓN 1928-2002 14 2.2. ASUNTOS CIVÍS 1945-2001 5 2.3. ASUNTOS CRIMINÁIS 1980-2001 1 2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1960-2002 14 2.5. ELECCIÓNS 1989-2001 2 2.6. COMUNIDADE DE MONTES 1980-1989 1
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Valga, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Ãrea de notas
Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Xulgado de paz España Galicia Pontevedra Valga
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Valga
Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Valga (Tema) (Creador)