Fondos
ES.GA.36059.AXP.VILCRU.. ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE VILA DE CRUCES
ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE VILA DE CRUCES
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36059.AXP.VILCRU.
Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE VILA DE CRUCES
Data(s) 1868-2002 (Creación) 1868-00-00 - 2002-00-00 (Produción)
Volume e soporte 193 libros do rexistro civil e 202 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, descritos en 1.254 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de paz de Vila de Cruces(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Carbia, con cambio de denominación en 1944 pola de Vila de Cruces, no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Lalín, no que se mantén. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con categoría de xulgado comarcal dende o ano 1945 ata o 1953.
Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Vila de Cruces
Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na planta baixa da casa do concello ocupando unha superficie de 90 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 28 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por José Mario Gómez Penide e Manuel Pena Pájaro.
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1868, criminal dende 1870 e gobernativa dende 1874, ou de eleccións dende 1892. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.
Organizació
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1. REXISTRO CIVIL 1.1. CORRESPONDENCIA 1894-2001 12 1.2. NACEMENTOS 1871-2002 117 1.3. MATRIMONIOS 1870-2002 53 1.4. DEFUNCIÓNS 1871-2002 82 1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1924-1986 2 1.6. CONSELLO DE FAMILIA 1889-1967 1 1.7. NACIONALIDADE 1913-2001 4 2. XULGADO 2.1. ADMINISTRACIÓN 1871-2001 20 2.2. ASUNTOS CIVÍS 1868-2002 61 2.3. ASUNTOS CRIMINÁIS 1870-2002 35 2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1874-2002 24 2.5. ELECCIÓNS 1892-2001 17 2.6. COMUNIDADE DE MONTES 1986 1
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Vilanova de Arousa, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Ãrea de notas
Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Xulgado de paz España Galicia Pontevedra Vila de Cruces
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vila de Cruces
Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Vila de Cruces (Tema) (Creador)