Fondos
ES.GA.36058.AXP.VILAB.. ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE VILABOA
ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE VILABOA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36058.AXP.VILAB.
Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE VILABOA
Data(s) 1841-2002 (Creación) 1841-00-00 - 2002-00-00 (Produción)
Volume e soporte 220 libros do rexistro civil e 147 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, descritos en 1.675 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de paz de Vilaboa(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Vilaboa no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Pontevedra, no que se mantén ata a creación en 1988 do partido xudicial de Cangas do Morrazo. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando integrado no xulgado comarcal de Pontevedra.
Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Vilaboa
Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na planta baixa da casa do concello ocupando unha superficie de 36 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 30 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Eva González Rodríguez, Álvaro Rodríguez Cid, María Martínez Pereira e Carmen Pérez Larrán.
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1864, criminal dende 1868 e gobernativa dende 1857, ou de eleccións dende 1922. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.
Organizació
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1. REXISTRO CIVIL 1.1. CORRESPONDENCIA 1.2. NACEMENTOS 1858-2002 101 1.3. MATRIMONIOS 1841-2002 77 1.4. DEFUNCIÓNS 1871-2002 84 1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1911-2000 2 1.6. CONSELLO DE FAMILIA 1900-1952 1 1.7. NACIONALIDADE 1932-2002 2 2. XULGADO 2.1. ADMINISTRACIÓN 1848-2002 42 2.2. ASUNTOS CIVÍS 1868-2000 29 2.3. ASUNTOS CRIMINÁIS 1868-2002 27 2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1857-2002 27 2.5. ELECCIÓNS 1922-2001 9 2.6. COMUNIDADE DE MONTES 1981-1985 1
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Vilaboa, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Ãrea de notas
Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Xulgado de paz España Galicia Pontevedra Vilaboa
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vilaboa
Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Vilaboa (Tema) (Creador)