ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

Fondos

CONCELLO DO GROVE

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36022.AM.GRO.

  • Título CONCELLO DO GROVE

  • Data(s) 1812-2015 (Creación) 1812-00-00 - 2019-01-10 (Produción)

  • Volume e soporte 5.035 unidades de instalación 40.918 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello do Grove(1836-) Dentro da comarca do Salnés e configurado pola península do mesmo nome atópase o concello do Grove, cunha superficie total de 22 quilómetros cadrados e integrado por dúas parroquias: San Martiño e San Vicente do Grove, nas que se asentan algo máis de dez mil habitantes. Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no ano 1836 coa denominación inicial de Groves ou Grobes, pronto substituída pola actual; mantén sempre ó longo dos anos a mesma estructura territorial e a mesma superficie, pertencendo dende a súa creación ó partido xudicial de Cambados. O territorio do concello pertencía en etapas anteriores á xurisdicción da Lanzada, con señorío eclesiástico exercido polo arcebispo de Santiago.

  • Institución arquivística Arquivo municipal do Grove

  • Historia arquivística Inicialmente o arquivo ocupaba a ala dereita da planta superior da casa do concello a carón do salón de sesións, nun espacio rectangular con algo máis de 30 metros cadrados que se amosaba claramente insuficiente para a instalación da documentación que se producía; estaba dotado de estanterías metálicas e mesa de consulta. Con posterioridade a corporación municipal acorda o traslado á casa de cultura dos fondos documentais custodiados no arquivo, acondicionando a tal fin unha das súas salas, na parte dereita da planta baixa, anexo ó salón de actos. Este local actual ten unha superficie total aproximada de sesenta metros cadrados, con dez metros de longo e seis metros de ancho. Nel instalouse un sistema de estantería compactada que xa resultou insuficiente para o almacenamento da totalidade da documentación transferida ó arquivo. No último proceso de incorporación documental habilitouse unha sala na primeira planta da casa de cultura para o seu uso como depósito documental, instalándose nela estantería metálica. Dispoñen estos locais dunhas axeitadas condicións de habitabilidade, ventilación e iluminación, con aparato deshumidificador, mesa de consulta, ordenador e ficheiro. O proceso de organización dos fondos documentais deste concello levado a cabo polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental desenvolveuse inicialmente no ano 1990, partindo dunha situación moi favorable, tendo en conta que esta documentación xa fora parcialmente organizada polo propio persoal municipal. Dende a primeira actuación téñense producido sucesivas actualizacións e reincorporacións documentais nos anos 1992, 1995, 1996, 1998 e 2002, incluíndose entre elas o proceso de readaptación ó novo cadro de clasificación coincidindo co traslado documental á casa de cultura. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Elena Aguete Landín José Luis Castro Carpintero Marina Díaz Paredes Josefa Fernández Ayuso Esther Fernández Pérez Manuela González Rey Guadalupe Maxide Lantero José Luis Méndez Pérez Daniel Menéndez Rodríguez Jaime Moiño Vaamonde Francisco José oRGE vENTÍN María Begoña Pérez Losada Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo María Leonor Rey Rey Montserrat Romero Alonso Francisco Valiñas Torres

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A documentación presenta en xeral un axeitado estado de conservación, disposta na súa totalidade en caixas de cartón ríxido e colocada en estantería metálica. A maior parte corresponde ó século XX e as seccións Facenda e Servizos, especialmente nesta caso as referidas a obras propias e municipais. Destacar como singular os fondos referidos á illa da Toxa e os múltiples conflictos e avatares dela, así como a conservación das actas dos principais órganos colexiados de goberno: do Pleno dende 1840, da Xunta de Asociados dende 1870 e da Comisión Permanente dende 1924.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    CADRO DE CLASIFICACIÓN
    
    1.- GOBERNO:
    
    1.1.- CONCELLO/PLENO.
    1.2.- ALCALDE.
    1.3.- COMISIÓN DE GOBERNO/ PERMANENTE.
    1.4.- COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS.
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.1.- SECRETARÍA.
    2.2.- REXISTRO.
    2.3.- PATRIMONIO.
    2.4.- PERSOAL:
    
    2.4.1.- ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL.
    2.4.2.- DISCIPLINA E CONTROL.
    2.4.3.- CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES.
    2.4.4.- SELECCIÓN DE PERSOAL.
    2.4.5.- REPRESENTACIÓN DO PERSOAL.
    
    2.5.- SERVIZOS XURÍDICOS.
    2.6.- CONTRATACIÓN.
    2.7.- ARQUIVO.
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.1.- OBRAS E URBANISMO:
    
    3.1.1.- PLANIFICACIÓN.
    3.1.2.- PLANS DE OBRAS E SERVIZOS.
    3.1.3.- OBRAS MUNICIPAIS.
    3.1.4.- OBRAS PARTICULARES.
    3.1.5.- INDUSTRIAS.
    
    3.2.- SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS.
    3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS:
    
    3.3.1.- ABASTOS E CONSUMOS.
    3.3.2.- MATADOIRO.
    3.3.3.- AUGA.
    3.3.4.- OMIC.
    3.3.5.- PÓSITO.
    
    3.4.- TRANSPORTES.
    3.5.- SEGURIDADE CIDADÁ.
    3.6.- SANIDADE.
    3.7.- BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL.
    3.8.- EDUCACIÓN.
    3.9.- CULTURA.
    3.10.- DEPORTES.
    3.11.- POBOACIÓN.
    3.12.- QUINTAS E MILICIAS.
    3.13.- ELECCIÓNS.
    
    4.- FACENDA:
    
    4.1.- INTERVENCIÓN:
    
    4.1.1.- ASUNTOS XERAIS.
    4.1.2.- PRESUPOSTOS ORDINARIOS.
    4.1.3.- PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS.
    4.1.4.- PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS.
    
    4.2.- FINANCIAMENTO E TRIBUTACIÓN:
    
    4.2.1.- IMPOSTOS.
    4.2.2.- TAXAS.
    
    4.3.- TESOURARÍA:
    
    4.3.1.- CAIXA.
    4.3.2.- RECADACIÓN.
    4.3.3.- CONTAS BANCARIAS.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 4.982 rexistros. Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 27.163 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal do Grove exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello do Grove (Tema) (Creador)

Área de control da descrición