ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

PATRIMONIO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36022.AM.GRO..2.3

  • Título PATRIMONIO

  • Data(s) 1833-2013 (Creación) 1833-00-00 - 2013-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 40 unidades de instalación con 384 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello do Grove(1836-) Dentro da comarca do Salnés e configurado pola península do mesmo nome atópase o concello do Grove, cunha superficie total de 22 quilómetros cadrados e integrado por dúas parroquias: San Martiño e San Vicente do Grove, nas que se asentan algo máis de dez mil habitantes. Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no ano 1836 coa denominación inicial de Groves ou Grobes, pronto substituída pola actual; mantén sempre ó longo dos anos a mesma estructura territorial e a mesma superficie, pertencendo dende a súa creación ó partido xudicial de Cambados. O territorio do concello pertencía en etapas anteriores á xurisdicción da Lanzada, con señorío eclesiástico exercido polo arcebispo de Santiago.

  • Institución arquivística Arquivo municipal do Grove

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 1ª división de sección contén documentos da realidade patrimonial do concello e da súa xestión e modificacións no decurso do tempo. Recolle os rexistros e inventarios das propiedades municipais e as diferentes fórmulas que derivan nas altas e baixas de bens, propiedade municipal: compra, alleamento e cesión, permuta, doazón, desafectación, reversións, expropiación. Tamén se conservan documentos relacionados cos datos xeográficos e os deslindes das propiedades municipais. 2.3.1.- Inventario de bens Inventario de tódolos bens municipais, obrigatorio e renovable cada certo tempo, que recolle os datos da totalidade dos bens municipais, coa descrición dos mesmos, situación patrimonial, datos de interese e a súa valoración económica. Ten unha extraordinaria importancia en relación coa xustificación da propiedade municipal e a legalidade da mesma, podendo a partires desta documentación definir a evolución ao longo dos anos. 2.3.2.- Expedientes de arrendamentos Expediente de contrato polo que se cede ou adquire por un custo a posibilidade de goce ou aproveitamento temporal de cousas, obras ou servizos. 2.3.3.- Expedientes de alleamentos e cesións Expediente que se tramita para que o concello ceda ou reciba en cesión gratuitamente bens integrantes do seu patrimonio a entidades ou institucións públicas ou privadas sen ánimo de lucro, sempre que os seus fins redunden en beneficio dos habitantes do territorio municipal. Os expedientes de alleamento son aqueles polos que o concello transmite ou traspasa a propiedade dun ben patrimonial mediante poxa, permuta ou venta directa, destacando os terrenos sobrantes de vía pública, logo da realización de obras de urbanización, modificación de viais ou pavimentación. 2.3.4.- Expedientes de desafectacións Expediente de declaración formal ou tacitamente que un ben de dominio público queda desvinculado de uso o servizo para o que fora cedido no seu día. Son habituais no casa das antigas escolas, edificios das Cámaras Agrarias locais e outros coa finalidade de poder darlles novas finalidades. 2.3.5.- Expedientes de doazóns Expediente mediante o que o concello incrementa o seu patrimonio a través dunha doazón libre ou suxeita a condición. 2.3.6.- Expedientes de compras Expediente que se tramita para proceder á compra de bens polo concello, sempre que estes pasen a formar parte do inventario de bens municipais, diferenciándose das compras de bens e materias non inventariables, que se asignan a serie de expedientes de contratación. 2.3.7.- Expedientes de expropiacións Expediente de privación a unha persoa da titularidade dun ben ou dun dereito, dándolle a cambio unha indemnización. Efectúase por motivos de utilidade pública o interese social previstos nas leis. Moitas veces a documentación custodiada forma parte dun expediente iniciado por outra administración para unha obra que afecta a máis concellos. Inclúe documentos sobre a obra a realizar e sobre a xustificación da expropiación e sobre a identificación dos bens afectados e os seus propietarios. 2.3.8.- Expedientes de permutas Expediente que se tramita para cambiar un ben por outro transferíndose o dominio dos mesmos, de forma gratuíta, a non ser que sexa necesario para igualar o valor do permutado. Normalmente inclúen documentos sobre a titularidade dos respectivos bens e das súas valoracións e o documento da modificación oportuna no Rexistro da Propiedade. 2.3.9.- Expedientes de reversións Expediente de restitución de algo ao estado que tiña revertendo ao propietario anterior ou a outra situación xurídica anterior no caso de non cumprirse as condicións para as que fora concibido. 2.3.10.- Escrituras de propiedade Documentos de particulares, xurídicos e notariais, xustificantes da propiedade de bens mobles ou inmobles, presentados no concello para diferentes xestións e que aparecen individualizados. 2.3.11.- Expedientes de deslindes Expediente no que se sinalan e distinguen os termos dun lugar, parroquia, concello ou propiedade. Teñen especial interese porque delimitan o territorio das parroquias e dos concellos, fonte de moitos litixios, aportando os documentos oficiais e a planimetría dos mesmos en moitos casos, sendo de utilidade para outros concellos, administracións e particulares. A maior parte da información procede do Instituto Xeográfico Nacional e dos organismos oficiais implicados na ordenación do territorio.

  • Organizació

    Esta 1ª división de sección, PATRIMONIO, está ordenada nas seguintes series documentais:
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.3.- PATRIMONIO:
    
    2.3.1.- Inventario de bens
    2.3.2.- Expedientes de arrendamentos
    2.3.3.- Expedientes de alleamentos e cesións
    2.3.4.- Expedientes de desafectacións
    2.3.5.- Expedientes de doazóns
    2.3.6.- Expedientes de compras
    2.3.7.- Expedientes de expropiacións
    2.3.8.- Expedientes de permutas
    2.3.9.- Expedientes de reversións
    2.3.10.- Escrituras de propiedade
    2.3.11.- Expedientes de deslindes
    2.3.12.- Denuncias e información do Patrimonio
    2.3.13.- Documentación "A Toxa"
    2.3.14.- Padroádegos municipais

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello do Grove (Tema) (Creador)

Área de control da descrición