Fondos
ES.GA.36061.AXP.VILNOV.. ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE VILANOVA DE AROUSA
ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE VILANOVA DE AROUSA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36061.AXP.VILNOV.
Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE VILANOVA DE AROUSA
Data(s) 1848-2002 (Creación) 1848-00-00 - 2002-00-00 (Produción)
Volume e soporte 224 libros do rexistro civil e 145 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, descritos en 1.029 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de paz de Vilanova de Arousa(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Vilanova de Arousa no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial da Cambados, no que se mantén ó longo de todo este tempo ata a creación do de Vilagarcía de Arousa en 1982, ó que se incorpora. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando incluído no xulgado comarcal de Vilagarcía de Arousa o ano 1945 ata o 1953.
Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Vilanova de Arousa
Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase nun local propio ocupando unha superficie de 85 m2 e nun local de 30 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 43 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Iria Jauregui Carrasco e Victoria Hortas Porto.
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1894, criminal dende 1901 e gobernativa dende 1901, ou de eleccións dende 1926. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.
Organizació
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1. REXISTRO CIVIL 1.1. CORRESPONDENCIA 1924-2001 10 1.2. NACEMENTOS 1871-2002 143 1.3. MATRIMONIOS 1848-2001 64 1.4. DEFUNCIÓNS 1871-2001 80 1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1915-2001 2 1.6. CONSELLO DE FAMILIA 1929-1975 1 1.7. NACIONALIDADE 1963-2001 2 1.8. LIBRO DE FAMILIA 1970-2001 3 2. XULGADO 2.1. ADMINISTRACIÓN 1887-2001 11 2.2. ASUNTOS CIVÍS 1894-2001 30 2.3. ASUNTOS CRIMINÁIS 1901-2001 25 2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1900-2001 44 2.5. ELECCIÓNS 1926-2001 11 2.6. COMUNIDADES DE MONTES 1985-1989 1
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Vilanova de Arousa, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Ãrea de notas
Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Xulgado de paz España Galicia Pontevedra Vilanova de Arousa
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vilanova de Arousa
Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Vilanova de Arousa (Tema) (Creador)