Fondos
6. Convenios INEM. Cursos de formación
Convenios INEM. Cursos de formación
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36022.AM.GRO.1.2.4.1.6
Título Convenios INEM. Cursos de formación
Data(s) 1979-2006 (Creación)
Volume e soporte 21 unidades de instalación con 55 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello do Grove(1836-) Dentro da comarca do Salnés e configurado pola península do mesmo nome atópase o concello do Grove, cunha superficie total de 22 quilómetros cadrados e integrado por dúas parroquias: San Martiño e San Vicente do Grove, nas que se asentan algo máis de dez mil habitantes. Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no ano 1836 coa denominación inicial de Groves ou Grobes, pronto substituída pola actual; mantén sempre ó longo dos anos a mesma estructura territorial e a mesma superficie, pertencendo dende a súa creación ó partido xudicial de Cambados. O territorio do concello pertencía en etapas anteriores á xurisdicción da Lanzada, con señorío eclesiástico exercido polo arcebispo de Santiago.
Institución arquivística Arquivo municipal do Grove
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Serie específica que recolle o proceso específico de contratación de persoal laboral, mediante convenios subscritos co Instituto Nacional de Emprego, e en datas posteriores, co Servizo Galego de Emprego ou nos distintos plans para contratación convocados pola administración central e autonómica, destinados a determinados colectivos, grupos de idade ou persoal en paro. Así mesmo inclúe os cursos de formación para persoal en paro, que recolle a documentación relacionada co desenvolvemento dos mesmos. Entre eles destacan as escolas obradoiro ou escolas taller, incluíndo a documentación económica, pedagóxica e o control dos alumnos.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello do Grove (Tema) (Creador)