Fondos
CLASES PASIVAS /S.S./MUTUALIDADES
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36022.AM.GRO..2.4.3
Título CLASES PASIVAS /S.S./MUTUALIDADES
Data(s) 1934-2008 (Creación) 1934-2008 (Produción)
Volume e soporte 17 unidades de instalación con 64 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello do Grove(1836-) Dentro da comarca do Salnés e configurado pola península do mesmo nome atópase o concello do Grove, cunha superficie total de 22 quilómetros cadrados e integrado por dúas parroquias: San Martiño e San Vicente do Grove, nas que se asentan algo máis de dez mil habitantes. Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no ano 1836 coa denominación inicial de Groves ou Grobes, pronto substituída pola actual; mantén sempre ó longo dos anos a mesma estructura territorial e a mesma superficie, pertencendo dende a súa creación ó partido xudicial de Cambados. O territorio do concello pertencía en etapas anteriores á xurisdicción da Lanzada, con señorío eclesiástico exercido polo arcebispo de Santiago.
Institución arquivística Arquivo municipal do Grove
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Os expedientes desta división de sección derivan co carácter mutualista dos concellos respecto do seu persoal, para o cal teñen previsto un réxime de asistencia e cobertura socio-sanitaria, ben propio ou ben en colaboración con outras administracións. Neste ámbito ademais da axuda familiar e da concesión de bolsa, podemos atopar documentación relacionada coa Mutualidade nacional de previsión da Administración Local, coa Seguridade Social. 2.4.3.1.- Documentación da MUNPAL A Mutualidade Nacional de Previsión da Administración Local foi creada pola Lei 11/1960, de 12 de maio de 1960, e suprimiuse polo Real Decreto en 1993. Nese período xestiona os dereitos pasivos dos traballadores locais, as súas xubilacións e pensións e o outros dereitos adquiridos polos traballadores na súa vida laboral. 2.4.3.2.- Documentación da Seguridade Social O sistema de Seguridade Social configúrase a partir da Lei de Bases de 1963. Ten antecedentes dende 1900 coa Lei Dato, no ano 1908 creouse o Instituto Nacional de Previsión. Afecta ao persoal laboral e dende a supresión da MUNPAL e diversa medida a totalidade do persoal municipal, pasando a xestionar a asistencia sanitaria e as xubilacións e pensións. 2.4.3.3.- Asistencia sanitaria e farmacéutica Receitas farmacéuticas e documentación relacionada coa asistencia sanitaria ao persoal municipal e as axudas derivadas dese concepto. 2.4.3.4.- Expedientes persoais de pasivos Expedientes coa documentación relacionada con cada un dos traballadores que pasaron a condición de pasivos, logo do remate da súa vida laboral. 2.4.3.5.- Expedientes de pensións Expedientes relacionados coa tramitación das pensións de xubilación do persoal municipal e dos seus familiares beneficarios, no caso das pensións de viudedade, orfandade etc. 2.4.3.6.- Nóminas de pasivos Documentos relacionados cos pagamentos a persoal pasivo dos concellos, que serven de testemuña de abono de pensións e gratificacións recibidas
Organizació
Está 2ª división de sección, CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES, está composta polas seguintes series documentais: 2.- ADMINISTRACIÓN: 2.4.- PERSOAL: 2.4.3.- CLASES PASIVAS/ S.S./ MUTUALIDADES: 2.4.3.1.- Documentación da MUNPAL 2.4.3.2.- Documentación da Seguridade Social 2.4.3.3.- Asistencia sanitaria e farmacéutica 2.4.3.4.- Expedientes persoais de pasivos 2.4.3.5.- Expedientes de pensións 2.4.3.6.- Nóminas de pasivos
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello do Grove (Tema) (Creador)