Fondos
2. Padrón municipal de habitantes
Padrón municipal de habitantes
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36022.AM.GRO..3.11.2
Título Padrón municipal de habitantes
Data(s) 1836-2007 (Creación) 1972-1975 (Produción)
Volume e soporte 112 unidades de instalación con 310 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello do Grove(1836-) Dentro da comarca do Salnés e configurado pola península do mesmo nome atópase o concello do Grove, cunha superficie total de 22 quilómetros cadrados e integrado por dúas parroquias: San Martiño e San Vicente do Grove, nas que se asentan algo máis de dez mil habitantes. Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no ano 1836 coa denominación inicial de Groves ou Grobes, pronto substituída pola actual; mantén sempre ó longo dos anos a mesma estructura territorial e a mesma superficie, pertencendo dende a súa creación ó partido xudicial de Cambados. O territorio do concello pertencía en etapas anteriores á xurisdicción da Lanzada, con señorío eclesiástico exercido polo arcebispo de Santiago.
Institución arquivística Arquivo municipal do Grove
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Rexistro coa relación dos habitantes do termo, con expresión das súas respectivas calidades. Inclúe procesos continuados de rectificacións, altas, baixas e cambios de cualificación veciñal que se producen anualmente no padrón. É un rexistro administrativo, actualízase permanentemente, elabórano os concellos. O feito da inscrición é obrigatorio e está afectado pola lexislación sobre protección de datos de carácter persoal en canto a o seu uso e dispoñibilidade. O censo de poboación é unha estatística, resultado dunha operación de reconto, cuxa finalidade é a de proporcionar información sobre o estado da poboación, isto é. Sobre o seu tamaño e as súas características, recollendo datos tanto demográficos como económicos, sociais, etc. O censo debe de contar con todos os individuos dun territorio (pais, comunidade autónoma, etc.), nun momento determinado; debe realizarse, ademais, cunha periodicidade definida e previamente establecida e os resultados que se obteñan, deben ser de dominio público. Elabórao o Instituto Nacional de Estatística (INE) cada dez anos, desde 1981 en todos os anos terminados en 1. A súa cumprimentación é voluntaria. Lexislación sobre función estatística.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello do Grove (Tema) (Creador)