Fondos
FACENDA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36022.AM.GRO..4
Título FACENDA
Data(s) 1832-2007 (Creación) 1832-00-00 - 2007-00-00 (Produción)
Volume e soporte 1 agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Concello do Grove(1836-) Dentro da comarca do Salnés e configurado pola península do mesmo nome atópase o concello do Grove, cunha superficie total de 22 quilómetros cadrados e integrado por dúas parroquias: San Martiño e San Vicente do Grove, nas que se asentan algo máis de dez mil habitantes. Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no ano 1836 coa denominación inicial de Groves ou Grobes, pronto substituída pola actual; mantén sempre ó longo dos anos a mesma estructura territorial e a mesma superficie, pertencendo dende a súa creación ó partido xudicial de Cambados. O territorio do concello pertencía en etapas anteriores á xurisdicción da Lanzada, con señorío eclesiástico exercido polo arcebispo de Santiago.
Institución arquivística Arquivo municipal do Grove
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A Facenda Local encargase de desenvolver as actividades económicas locais; e dicir, xestionar os ingresos e gastos locais coa intención de satisfacelas necesidades do municipio. Dende o século XII ó XVIII os ingresos municipais estiveron formados polos bens de propios ou patrimoniais: tendas, mercados, censos, devesas, muíños, etc.; bens comunais: montes, caza, pesca, etc.; e tamén polos arbitrios propios que xeralmente gravaban o consumo. O maiordomo encargábase da fiscalización dos ingresos e gastos, asumía a xestión e recadación de ingresos; e actuaba como depositario e custodio de todo o recadado. No século XIV apareceu a figurado Contador, a súa función era censuralas contas que rendía periodicamente o Mordomo. En 1761 esa labor fiscalizadora de contas pasou a desenvolvela a Xunta de Propios e Arbitrios, composta por alcaldes, rexedores e procurador síndico; a cal, tamén se encargou de presentar ante a Contadoría Xeral as contas xeradas pola administración dos propios e arbitrios municipais. A Facenda Local dos séculos XIX e XX caracterizouse polo intento de unir e suprimir a grande cantidade de arbitrios que existían e polo intento de que os municipios adquirisen autonomía financeira. A principios do século XIX o sistema impositivo nacional buscaba a creación dunha única contribución ou contribución directa, como consecuencia diso suprimíronse as rendas provinciais como: alcabalas, centos, millóns, servizos ordinarios e extraordinarios; aínda que apareceron novas cargas. As facendas locais coa desamortización dos bens de propios de Madoz (1855), sufriron un importante troco xa que pasaron de ser fundamentalmente patrimonialista a ser eminentemente fiscais. Durante a segunda metade do século XIX e primeira metade do século XX, os ingresos municipais nútrense de diversos impostos como foron: pesos e medidas, consumos, carruaxes de luxo, expedición de documentos, bebidas espirituosas, amillaramentos, soares sen edificar, incremento de valor dos terreos, etc.; e da participación nos impostos cedidos total ou parcialmente polo estado. Finalmente, a Constitución de 1978, que proclamaba o principio de suficiencia financeira das entidades locais, e a reforma das facendas locais promovida pola Lei 39/88, serviron para a reordenación do réxime presupostario dos entes locais e do sistema de recursos, suprimíronse moitos dos impostos recadados con anterioridade e os ingresos quedaron configurados principalmente polo cobro do imposto de bens inmobles, o imposto de actividades económicas e o imposto do vehículos de tracción mecánica. En canto os oficios municipais destacar que durante as primeiras décadas do século XIX os encargados da xestión económica eran os depositarios, os secretarios e os alcaldes, sempre baixo a supervisión do Concello. Na segunda metade do século XIX reapareceu a figura do Contador, el tiña baixo o seu cargo a oficina de contas, os libros de contabilidade, preparaba os presupostos e promovía os libramentos. As competencias do contador foron evolucionando, o longo do século XX, facía o que hoxe se coñece como interventor de fondos. Así mesmo, o Depositario que perdera as competencias en favor do contador, o cal se encargara da custodia de valores e de depósitos e do pagamento de libramentos, foi evolucionando cara o que hoxe se coñece como o tesoureiro municipal. Outras institucións importantes foron a Xunta Pericial e a Xunta Municipal de Asociados.
Organizació
Esta sección, FACENDA, está organizada nas seguintes divisións de sección e series documentais: 4.- FACENDA: 4.1.- INTERVENCIÓN: 4.1.1.- ASUNTOS XERAIS: 4.1.1.1.- Expedientes xerais de Intervención 4.1.1.2.- Declaracións IVE e IRPF 4.1.1.3.- Xunta Municipal de Asociados 4.1.1.4.- Tribunal de Contas 4.1.1.5.- Informes e certificacións de Intervención 4.1.1.6.- Decretos de ordenación de gastos 4.1.1.7.- Rexistro de entrada e saída de Intervención 4.1.2.- PRESUPOSTOS ORDINARIOS: 4.1.2.1.- Expedientes de financiamento. Créditos 4.1.2.2.- Expediente xeral do presuposto ordinario 4.1.2.3.- Estatísticas presupostarias 4.1.2.4.- Expediente xeral do presuposto do Padroádego Municipal Monte Santa Trega 4.1.2.5.- Expediente xeral do presuposto da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais 4.1.2.6.- Expediente xeral do presuposto do Padroádego de Turismo 4.1.3.- PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS: 4.1.3.1.- Expediente xeral do presuposto extraordinario 4.1.4.- PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS: 4.1.4.1. Expediente xeral do presuposto de investimentos 4.2.- FINANCIAMENTO E TRIBUTACIÓN 4.2.1.- IMPOSTOS: 4.2.1.1.- Xunta Pericial 4.2.1.2.- Contribución territorial rústica 4.2.1.3.- Contribución por gandaría independente 4.2.1.4.- Contribución territorial urbana 4.2.1.5.- Rexistro fiscal de edificios e soares 4.2.1.6.- Matrícula industrial e licenza fiscal 4.2.1.7.- Expedientes de plusvalías 4.2.1.8.- Imposto sobre circulación de vehículos 4.2.1.9.- Contribucións usos e consumos 4.2.1.10.- Arbitrios provinciais 4.2.1.11.- Contribucións especiais 4.2.1.12.- Imposto sobre construcións, instalacións e obras 4.2.1.13.- Bens inmobles de características especiais (BICES) 4.2.2.- TAXAS 4.2.2.1.- Ordenanzas fiscais 4.2.2.2.- Listas cobratorias 4.3.- TESOURARÍA 4.3.1.- CAIXA: 4.3.1.1.- Actas de arqueo 4.3.1.2.- Libro de caixa 4.3.1.3.- Libro de inventarios e balances 4.3.1.4.- Libro de entrada e saída de caudais 4.3.1.5.- Libro de distribución de fondos 4.3.1.6.- Libro auxiliar de efectos 4.3.1.7.- Certificacións e informes de Tesouraría 4.3.1.8.- Partes de caixa. 4.3.2.- RECADACIÓN: 4.3.2.1.- Contas de recadación 4.3.2.2.- Libro de recadación executiva e voluntaria 4.3.3.- CONTAS BANCARIAS: 4.3.3.1.- Contas correntes 4.3.3.2.- Libro de contas correntes 4.3.3.3.- Libro rexistro de facturas 4.3.3.4.- Libro de descontos
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello do Grove (Tema) (Creador)