ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

ASUNTOS XERAIS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36022.AM.GRO..4.1.1

  • Título ASUNTOS XERAIS

  • Data(s) 1870-1991 (Creación) 1870-00-00 - 1991-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 2 unidades de instalación con 11 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello do Grove(1836-) Dentro da comarca do Salnés e configurado pola península do mesmo nome atópase o concello do Grove, cunha superficie total de 22 quilómetros cadrados e integrado por dúas parroquias: San Martiño e San Vicente do Grove, nas que se asentan algo máis de dez mil habitantes. Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no ano 1836 coa denominación inicial de Groves ou Grobes, pronto substituída pola actual; mantén sempre ó longo dos anos a mesma estructura territorial e a mesma superficie, pertencendo dende a súa creación ó partido xudicial de Cambados. O territorio do concello pertencía en etapas anteriores á xurisdicción da Lanzada, con señorío eclesiástico exercido polo arcebispo de Santiago.

  • Institución arquivística Arquivo municipal do Grove

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A 2ª división de sección, ASUNTOS XERAIS, está composta polas series documentais a seguir: 4.1.1.1.- Expedientes xerais de Intervención 4.1.1.2.- Declaracións IVE e IRPF Documentos xustificativos dos pagamentos feitos polo concello en concepto do IVE, de conformidade co previsto pola lexislación do momento, ou do IRPF dos traballadores e cargos municipais, normalmente en modelos existentes ao efecto. 4.1.1.3.- Xunta Municipal de Asociados A Xunta Municipal de Asociados é un órgano de notables competencias e duración curta; os seus antecedentes remóntanse a 1856, nunha lei de breve duración efectiva, na que se establecen nos concellos una comisión de presupotos municipais para a elaboración dos mesmo, presidida polo Alcalde e da que forma parte o secretario do concello. Este órgano está formado polos concelleiros e por un número duplo de veciños asociados electores. A súas sesións serian públicas. Será a lei municipal de 1870 a que lle dea o respaldo definitivo establecendo a súa creación en todos os concello, formada por concelleiros e veciños asociados igual ao triplo do número de concelleiros (en 1877 pasará a ser igual ao de concelleiros); os veciños deberían ser contribuíntes, eran elixidos por sorteo e desempeñaban o cargo un ano económico. Encárganse da revisión e censura das contas Desaparece co Estatuto Municipal de 1924, que iguala a organización existente nas Deputacións Provinciais á totalidade dos concellos; xorde entón a Comisión Municipal Permanente. Documentalmente consérvanse os libros de actas das sesións celebradas ou os expedientes destas sesións, ou, nalgún caso as actas soltas das mesmas. 4.1.1.4.- Tribunal de Contas Documentación presentada por imperativo legal ou a requirimento específico ante o Tribunal de Contas ou ante o Concello de Contas, no caso de Galicia, órgano que é o supremo órgano de fiscalización das contas e da xestión económica das entidades locais 4.1.1.5.- Informes e certificacións de Intervención Certificacións e informes concretos emitidos polo Interventor municipal dentro da súa actividade e área competencial, na maior parte dos casos para formar parte doutras dilixencias ou expedientes, quedando a copia do mesmo. 4.1.1.6.- Decretos de ordenación de gastos Rexistro que recolle os decretos da Alcaldía autorizando de conformidade co previsto na lexislación pagamentos dentro das súas competencias. En moitos casos inscríbense un libro de rexistro cada un deles, identificando concepto, cantidade, xustificante e data de emisión. 4.1.1.7.- Rexistro de entrada e saída de Intervención Rexistro da correspondencia e documentos recibidos ou emitidos desde o Servizo de Intervención.

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección, ASUNTOS XERAIS, está organizada nas seguintes series documentais:
    
    4.- FACENDA:
    
    4.1.- INTERVENCIÓN:
    
    4.1.1.- ASUNTOS XERAIS:
    
    4.1.1.1.- Expedientes xerais de Intervención
    4.1.1.2.- Declaracións IVE e IRPF
    4.1.1.3.- Xunta Municipal de Asociados
    4.1.1.4.- Tribunal de Contas
    4.1.1.5.- Informes e certificacións de Intervención
    4.1.1.6.- Decretos de ordenación de gastos
    4.1.1.7.- Rexistro de entrada e saída de Intervención

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello do Grove (Tema) (Creador)

Área de control da descrición