Fondos
ES.GA.36010.AXP.CAT.. ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE CATOIRA
ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE CATOIRA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36010.AXP.CAT.
Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE CATOIRA
Data(s) 1871-2017 (Creación) 1871-00-00 - 2017-00-00 (Produción)
Volume e soporte 85 unidades de instalación con 301 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de paz de Catoira(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Catoira no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estructura do partido xudicial de Caldas de Reis ata o ano 1965 no que se integra no de Pontevedra. Posteriormente, na súa creación no ano 1983, intégrase no de Vilagarcía de Arousa. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando integrado no xulgado comarcal de Valga dende o ano 1945 ata o 1953.
Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Catoira
Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na casa do concello ocupando unha superficie de 12 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 14 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 1997, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. As posteriores incorporacións documentais e actualizacións foron realizadas por Mónica Núñez Carro e Alberto Aramburu García-Pintos en 2008, 2012 e 2013 respectivamente. No ano 2018 estiveron Marcos Fernández Fraguas e Xabier Silva Simón.
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1920, criminal dende 1923 e gobernativa dende 1878, ou de eleccións dende 1987. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa depor si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
Organizació
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1.- REXISTRO CIVIL 1.1.- Correspondencia 1.2.- Nacementos 1.3.- Matrimonios 1.4.- Defuncións 1.5.- Adopcións e recoñecemento de fillos 1.6.- Consello de Familia 1.7.- Nacionalidade 1.8.- Libros de familia 2.- XULGADO 2.1.- Administración 2.2.- Asuntos civís 2.3.- Asuntos criminais 2.4.- Asuntos gobernativos 2.5.- Eleccións 2.6.- Comunidades de Montes
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes...)
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ameto superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Catoira, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Ãrea de notas
Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Xulgado de paz España Galicia Pontevedra Catoira
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Catoira
Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Catoira (Tema) (Creador)